• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e Afundación promoven novos diálogos poéticos de Rafael Cadenas en Galicia no marco da súa xira por España

  • O poeta venezolano, gañador do Premio Internacional de Poesía Federico García Lorca en 2015, visitará A Coruña e Santiago de Compostela

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

26-09-2017
RSC

O poeta e ensaísta venezolano Rafael Cadenas recalará os próximos días en Galicia dentro da xira que está a realizar por España e que, co apoio de ABANCA e Afundación, incluirá dous encontros con novos creadores e público en xeral na Coruña e Santiago de Compostela.

A sede de Afundación na cidade herculinaSerás redirixido a outro sitio web (Cantón Grande, 8) recibirá ao autor o xoves 28 de setembro ás 19.30 horas. Neste encontro, o recoñecido escritor manterá un diálogo poético con novos autores moderado pola poetisa Dores Tembrás no que se abordará o proceso creativo.

O 2 de outubro trasladarase ata Santiago de Compostela para repetir encontro, neste caso concibido como un diálogo poético e recital cos seus lectores composteláns. A cita será en IESIDE Santiago de CompostelaSerás redirixido a outro sitio web (Rúa Nova, 33), tamén ás 19.30 horas. O escritor ourensán Xosé Carlos Caneiro será o encargado de presentar ao autor venezolano.

Rafael Cadenas regresa a España un ano despois de recoller en Granada o Premio Internacional de Poesía Federico García Lorca 2015, que lle foi concedido por ser un dos grandes creadores de poesía en español dos últimos 60 anos. Nesa ocasión tamén visitou Galicia, onde mantivo un encontro cos estudantes do I.E.S. Rosalía de Castro de Santiago e ofreceu senllos recitais en Vigo e A Coruña.

Agora, o seu paso pola nosa Comunidade Autónoma enmárcase na xira que está a realizar por España e que comezou a semana pasada en Gran Canaria, onde protagonizou unha charla e un recital no Encuentro de Literatura Las Palmas de Gran Canaria, e continuou en Tenerife cun encontro no Círculo de Bellas Artes. Tras a súa estancia na Coruña e Santiago de Compostela, o escritor trasladarase a Castilla y León, onde ten previstas dúas paradas: León e Salamanca. Nesta última cidade participará nun seminario sobre a súa obra organizado pola Universidad de Salamanca. A súa xira española conclúe en Madrid, no Instituto Cervantes.

Rafael Cadenas

Rafael Cadenas (Barquisimeto, Venezuela, 1930) é un poeta, ensaísta, tradutor e profesor universitario venezolano que está considerado un dos clásicos vivos na historia da literatura venezolana.

Ten recibido numerosos recoñecementos, entre os que destacan o Premio Internacional de Poesía García Lorca 2015, o Premio Nacional de Literatura de Venezuela en 1985, o Premio San Juan de la Cruz en 1992 e o Premio FIL de Literatura en Lenguas Romances de Guadalajara (México) en 2009.

Dentro da literatura venezolana é coñecido como membro da xeración da década de 1960. Un dos seus poemas desa época, 'Derrota', é considerado como a obra que mellor define a esa xeración venezolana, a mocidade que sentía que o fracaso da revolución no seu país era o seu propio fracaso.

A súa militancia comunista levoulle a exiliarse en Trinidad fuxindo da ditadura de Marcos Pérez Jiménez. Regresou a Venezuela en 1957 e poucos anos despois, en 1960, publica 'Los cuadernos del destierro', que é na actualidade a súa obra máis coñecida.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘José María de Labra. Correspondencias’

01-04-2025
RSC

A mostra reúne 55 obras que permiten revisar en clave contemporánea a traxectoria deste artista galego, fundamental no desenvolvemento da abstracción en España.

Comisarios, representantes da Colección ABANCA e artistas que cederon obra para a exposición, durante o acto de apertura da mostra.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .