ABANCA e Afundación reivindican a figura de Isidoro Brocos na historia da arte galega
- ‘Isidoro Brocos. Escultura e debuxo na Colección ABANCA’ poderá visitarse na sede de Afundación de Ferrol ata o 30 de xaneiro -ABANCA atesoura a maior colección de debuxos deste artista recoñecido por ter sido mestre de Pablo Picasso
ABANCA inaugura este martes 15 de setembro, ás 20.00 horas, na sede de Afundación de Ferrol, a exposición ‘Isidoro Brocos. Escultura e debuxo na Colección ABANCA’. A mostra reivindica a figura deste artista que pode ser considerado o mellor escultor gallego do último tercio do século XIX.
Isidoro Brocos (Santiago de Compostela, 1841 – A Coruña, 1914) é un exemplo de artista formado na Academia que representa na arte galega un modelo de invidivuo moderno, tanto nos seus ideais coma no seu sentimento estético. A súa vida e a súa obra sitúanse nun período de transición á modernidade previo ao Rexurdimento que influíu no escaso recoñecemento que obtivo a súa extensa e brillante obra. Na súa carreira tamén ocupa un lugar especial o feito de ter sido mestre dun novo Pablo Picasso durante a súa estancia na Coruña, onde recibiu clases no Instituto Eusebio da Guarda.
Estes dous factores contribuíron a eclipsar o valor da súa propia producción artística, que si foi avalada por distincións como a presenza no Salón de París en 1879, a terceira medalla na Exposición Nacional de Bellas Artes en Madrid en 1880 e o seu nombramento como Académico da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e da Real Academia Galega en 1905.
Brocos na Colección ABANCA
Aínda que Brocos é coñecido principalmente polo seu labor escultórico, é no debuxo onde plasma algúns dos seus máis profundos ideais artísticos e estéticos. A colección de arte de ABANCA reúne a maior colección de debuxos do artista, polo que a exposición que se presenta en Afundación permítenos realizar un amplio percorrido pola súa traxectoria e coñecer en profundidade o seu proceso creativo e a súa evolución estética.
O centenar de obras que configuran a mostra, entre esculturas, debuxos e cadernos de debuxos, están organizadas en seccións temáticas que nos descubren os seus debuxos de academia, o historicismo, a mitoloxía, a relixiosidade e as ceracións que se enmarcan no rexionalismo, como as coñecidas esculturas Xastre de Aldea (1878) e Aquí, aquí,-La pulga- (1880).
Tamén destacan na exposición os tres cadernos de viaxes de Brocos, unha serie de apuntes do natural que o artista tiña por costume realizar nas súas salidas, anotando todas as escenas que despertaban o seu interese. Co fin de que o público poida gozar destes debuxos dixitalizouse o material, de forma que se poden observar os orixinais ao tempo que se aprecian os detalles do seu traballo nun formato máis visible.
Guía dixital
En liña coa vocación de difusión e divulgación que guía as accións culturais de ABANCA, o público interesado en ampliar información sobre as obras expostas disporá dunha aplicación para dispositivos móbiles (smartphones e tablets) que lle permitirá obter información adicional dunha gran parte das creacións que se exhiben.
A app Colección de Arte, dispoñible para dispositivos Android e Apple, emprega a tecnoloxía de recoñecemento de imaxes con realidade aumentada. Pode descargarse gratuitamente e permite acceder á ficha artística da obra, afondar na biografía do autor ou consultar outros cadros do mesmo creador que tamén están presentes na mostra. Para empregala só é necesario enfocar a obra coa cámara do noso dispositivo móbil e seleccionar no menú a sección correspondente
Horario
A exposición estará aberta ao público na sede de Afundación en Ferrol (Praza da Constitución, s/n) ata o 30 de xaneiro de 2016. Poderá visitarse de luns a sábado, en horario de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas.
Máis información sobre a colección de arte de ABANCA na web: http://coleccion.abanca.com