• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e Afundación renden homenaxe aos seus voluntarios cun acto en Santiago

  • A entidade financeira celebra os cinco anos dun programa que se consolida e xa suma 17.000 horas dedicadas ao voluntariado
  • Preto de 1.700 persoas vinculadas a ABANCA e á súa Obra Social Afundación forman parte deste programa, que no último exercicio desenvolveu accións socioculturais, formativas e medioambientais

Imaxe do Auditorio ABANCA de Santiago durante a celebración do acto.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

29-11-2019
RSC

ABANCA e Afundación recoñeceron o compromiso das persoas que forman parte do seu programa de voluntariado cun acto celebrado no Auditorio ABANCA de Santiago. O evento, que concitou a preto de 450 asistentes, serviu para conmemorar o quinto aniversario do lanzamento desta iniciativa, así como para facer balance e poñer en valor este esforzo colectivo. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, interveu nun acto no que o protagonismo recaeu nos voluntarios e no que tamén participou o climatólogo e xeógrafo Jacob Petrus.

Iniciado a principios de 2015, este programa de voluntariado está formado por empregados e ex empregados de ABANCA e de Afundación e os seus familiares, así como por voluntarios dos Espazos +60 que Afundación ten repartidos por toda Galicia. No seu conxunto, suman arredor de 1.700 persoas que dedicaron máis de 17.000 horas a iniciativas que atinxen desde aspectos socioculturais ou formativos, ata causas medioambientais ou benéficas.

Francisco Botas quixo agradecer durante a súa intervención “o tempo, dedicación e esforzo” que os voluntarios prestan “para mellorar a nosa contorna, pero tamén a vida das persoas”. O conselleiro delegado de ABANCA avanzou “a intención da entidade de ampliar o programa, para dar cabida a moitas máis accións e a máis voluntarios e para abrilo á sociedade e así sumar máis forzas”. Francisco Botas tamén fixo unha mención especial aos voluntarios +60, aos que puxo como exemplo pola súa capacidade “para seguir aportando de maneira activa despois da xubilación” e cuxa experiencia é “un recurso valiosísimo que non se pode desaproveitar”.

O acto continuo cunha conferencia do divulgador científico e popular director e presentador do programa “Aquí la tierra” de TVE, Jacob Petrus, quen resaltou a importancia de comprometerse co planeta. Petrus recoñeceu a preocupación dos voluntarios que forman parte deste programa por coidar e mellorar a contorna na que viven e repasou algúns dos desafíos comúns aos que nos enfrontamos en materia medioambiental.

A continuación, tivo lugar un coloquio protagonizado por voluntarios que participaron recentemente en accións medioambientais, sociais e interxeracionais, xunto a representantes de asociacións coas que este programa colaborou nos últimos meses. Nunha mesa redonda puideron compartir as súas experiencias e sensacións. O evento concluíu coa entrega de distincións a voluntarios corporativos e voluntarios dos Espazos +60.

Comprometidos coa sostibilidade

O voluntariado en ABANCASerás redirixido a outro sitio web e AfundaciónSerás redirixido a outro sitio web mantén un forte compromiso coa sostibilidade en múltiples campos de actuación. En termos medioambientais, as distintas accións realizadas en Galicia, pero tamén en Asturias, León e Madrid, contribuíron a recuperar especies autóctonas ou deter o avance de flora invasora. Como resposta aos incendios forestais de outubro de 2017, a entidade financeira activou unha campaña na que os voluntarios replantaron máis de 8.000 árbores nalgúns dos puntos máis afectados de Galicia.

Do mesmo xeito, a actividade dos voluntarios dos Espazos +60 de Afundación foi especialmente intensa no último ano, sumando máis de 22.000 horas dedicadas a nenos e nenas, xente nova e maiores, con accións sociais, culturais e interxeracionais, que acadaron en 2018 a case 12.000 persoas. Ademais, a través de diversas iniciativas organizadas nos últimos anos como os talleres solidarios, recadaron máis de 100.000 euros para entidades sociais.

No apartado social, o programa de voluntariado puxo en marcha ao longo deste tempo distintas campañas de recollida de produtos no perecedoiros. En total, esta iniciativa permitiu recoller uns 17.000 quilos de alimentos doados por persoas que traballan en ABANCA ás fundacións provinciais do Banco de Alimentos.

Coincidindo co Nadal, os voluntarios deste programa tamén foron clave para o desenvolvemento das campañas de recollida de xoguetes que a entidade financeira puxo en marcha nos últimos anos. En colaboración con diversas asociacións, recolleron e clasificaron preto de 16.000 xoguetes doados nos locais habilitados en cada tempada na Coruña e Vigo.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA inicia a cuarta edición do seu plan de formación de persoas maiores no Pino e Dumbría

02-05-2025
RSC

A iniciativa enmárcase no programa de educación financeira do banco e ten como obxectivo promover a inclusión financeira deste colectivo.

Persoas maiores asistentes á formación realizada por ABANCA en 2024 no concello de Riós en colaboración con Cruz Vermella

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .