• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e Afundación repartirán 16.500 menús a menores vulnerables e as súas familias co programa ‘Cubertos Nadal’

  • A acción forma parte das iniciativas postas en marcha polo banco e a súa Obra Social para paliar as necesidades das persoas e fogares máis desfavorecidos durante as festas do Nadal
  • ‘Cubertos Nadal’ ofrecerá 1.467 comidas diarias a menores durante as vacacións escolares e dous menús especiais para toda a familia para os días de Noiteboa e Nadal
  • ABANCA e Afundación lanzan a web ‘Debuxar sorrisos’ para reunir alimentos e xoguetes que se distribuirán entre familias vulnerables

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

16-12-2020
RSC

ABANCA e Afundación porán en marcha este Nadal unha nova edición do seu programa social ‘Cubertos’. A iniciativa ten o obxectivo de apoiar ás familias especialmente afectadas pola crise da covid-19 garantindo unha alimentación saudable durante as vacacións escolares a menores vulnerables. O banco e a súa Obra Social prevén repartir en total 16.469 menús aos escolares e ás súas familias entre os días 22 de decembro e 7 de xaneiro, coincidindo co período non lectivo das vacacións do Nadal.

Esta segunda edición do programa desenvolverase, do mesmo xeito que no verán, cando se repartiron 80.000 menús, nas sete cidades galegas con maior poboación (A Coruña, Santiago, Ferrol, Vigo, Pontevedra, Lugo e Ourense) en colaboración con concellos e entidades sociais como a Fundación Juan Soñador, Cruz Vermella e Cáritas, en función do municipio.

‘Cubertos Nadal’ inclúe dúas accións diferenciadas. Por unha banda, repartiranse 10.269 comidas para os menores, 1.467 por día, e, por outro, entregaranse 6.200 menús especiais dos que se beneficiarán todos os membros da familia, co fin de que estes fogares desfavorecidos poidan gozar tamén dun banquete especial en dúas das datas máis sinaladas das festas do Nadal, Noiteboa e Nadal.

A entrega destas comidas especiais para toda a familia realizarase entre os días 22 e 23 de decembro con algunha sorpresa dirixida especialmente aos pequenos da casa para contribuír a que gocen do espírito do Nadal.

Para a elaboración dos menús de Noiteboa e Nadal, o banco e a súa Obra Social contaron coa colaboración solidaria de empresas do sector alimentario como Nueva PescanovaSerás redirixido a outro sitio web, que doou parte dos produtos que se entregarán ás familias.

O programa de voluntariado de ABANCA e Afundación será decisivo para o correcto desenvolvemento desta iniciativa solidaria. As persoas voluntarias encargaranse de distribuír os alimentos e as comidas elaboradas pola empresa especializada e tamén da entrega ás familias nos puntos de recollida establecidos en cada unha das localidades.

‘Debuxar sorrisos’

‘Cubertos Nadal’ enmárcase nas accións organizadas por ABANCA e Afundación co fin de paliar as necesidades das familias máis desfavorecidas este Nadal, entre as que tamén destaca unha nova edición da tradicional campaña solidaria ‘A ilusión crece cando se comparte’, que este ano extraordinario marcado pola pandemia da covid-19 busca ‘Debuxar sorrisos’ tanto en nenos e nenas como en adultos.

Debido á actual situación sanitaria, a iniciativa desenvólvese cun novo formato que facilita a colaboración de todas aquelas persoas interesadas en sumarse a ela sen poñer en risco a súa saúde. Ademais, permitirá chegar con esta acción solidaria a un maior número de familias de diferentes ámbitos territoriais, cun foco especial naquelas zonas xeográficas onde a presenza do banco e a súa Obra Social é máis significativa.

Apoiar a iniciativa é tan fácil como visitar a web dibujarsonrisas.abanca.comSerás redirixido a outro sitio web antes do 23 de decembro e facer unha doazón de maneira instantánea a través da pasarela de pagos habilitada con esta finalidade. O único que se necesita é unha tarxeta de débito ou crédito.

Outra opción de colaborar é realizar unha transferencia á conta ES80 2080 7208 3385 3000 7122. Para iso, as persoas interesadas en sumarse a esta acción solidaria poden utilizar as canles de banca a distancia ou achegarse a calquera das oficinas da rede comercial de ABANCASerás redirixido a outro sitio web, aínda que se recomenda o uso da banca electrónica e a banca móbil para evitar riscos sanitarios.

Todas as doazóns recibidas trocaranse por carros de compra e xoguetes que se entregarán á Federación Española de Bancos de Alimentos, Cáritas e Cruz Vermella, organizacións que se encargarán de realizar a repartición entre as familias que máis o necesiten coincidindo coas datas máis sinaladas das festas do Nadal.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘José María de Labra. Correspondencias’

01-04-2025
RSC

A mostra reúne 55 obras que permiten revisar en clave contemporánea a traxectoria deste artista galego, fundamental no desenvolvemento da abstracción en España.

Comisarios, representantes da Colección ABANCA e artistas que cederon obra para a exposición, durante o acto de apertura da mostra.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .