• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e Afundación repartiron durante as vacacións 80.000 menús a menores en risco de pobreza

  • O programa «Cubertos» foi desenvolvido en colaboración con concellos e entidades sociais e permitiu distribuír 1.650 menús ao día no sete cidades galegas
  • Levouse a cabo co obxectivo de apoiar á infancia en risco de pobreza ou exclusión social, cuxa situación viuse agravada pola crise da COVID-19, garantindo unha alimentación saudable e nutritiva durante as vacacións escolares

O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, o conselleiro delegado, Francisco Botas, e o director xeral de RSC, Sustentabilidade e Comunicación e presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet, durante a visita que realizaron ás instalacións nas que se elaboraron os menús de Cubertos na Coruña.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

09-09-2020
RSC

O programa «Cubertos», impulsado por ABANCA e a súa Obra Social, Afundación, en colaboración con concellos e entidades sociais co obxectivo de garantir unha alimentación saudable durante as vacacións escolares a menores en risco de pobreza ou exclusión social, finaliza a súa actividade. Grazas a este proxecto, desde o pasado mes de xullo puidéronse repartir preto de 80.000 menús, 1.650 ao día de luns a venres, nas sete principais cidades galegas.

Para o correcto desenvolvemento deste programa de apoio social foi imprescindible o labor dos 100 membros do equipo da Obra Social de ABANCA e os 120 voluntarios e voluntarias tanto de ABANCA como de Afundación que se encargaron de preparar a distribución, entregar os menús e atender ás familias. Para eles este programa supuxo «un achegamento á realidade de moitas familias que o están pasando moi mal. Esta experiencia fainos reflexionar e ser conscientes do afortunados que somos algúns -comentan- , así como ser partícipes activamente na sociedade, cubrindo un oco que estaba sen atender». Ademais do propio servizo, os usuarios de «Cubertos» subliñan a proximidade e calidez no trato recibido ao longo do programa.

Os menús distribuíronse na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo e Ferrol en colaboración coas administracións locais e distintas entidades sociais, segundo cada municipio. Para iso, habilitáronse un total de 22 puntos de recollida, para facilitar a accesibilidade das familias con localizacións adecuadas ás súas necesidades.

ABANCA e AfundaciónSerás redirixido a outro sitio web impulsan este programa dentro do seu compromiso coas persoas máis vulnerables, conscientes de que o impacto provocado polo coronavirus esixe unha resposta rápida e coordinada para facer fronte ás necesidades inmediatas de quen máis o precisa. Ambas as entidades secundan o obxectivo común das administracións e entidades de iniciativa social de mobilizar a solidariedade cidadá e das empresas, fomentando ademais o voluntariado e a responsabilidade compartida na construción dunha sociedade máis xusta e cohesionada.

A crise sanitaria provocada pola COVID-19 agravou os niveis de pobreza da infancia en España que entidades do terceiro sector como UNICEF, Cáritas ou_Save the children_ situaban xa antes da pandemia en niveis alarmantes. Neste contexto, no que se fai imprescindible ampliar os programas de protección social tanto públicos como privados, ABANCA e Afundación puxeron en marcha o programa «Cubertos».

Menús saudables

Conscientes de que unha correcta alimentación é esencial para a saúde das persoas, máxime no caso das nenas e nenos que se atopan en fase de crecemento, os menús do programa «Cubertos» elabóranse seguindo as recomendacións da Estratexia NAVES da Axencia Española de Seguridade Alimentaria e NutriciónSerás redirixido a outro sitio web (AESAN), que engloba accións para inculcar hábitos de vida saudables a través da alimentación e o exercicio.

Con este obxectivo, os menús, preparados en empresas galegas especializadas e supervisados por nutricionistas, son equilibrados e orientados á idade e gustos dos menores e elabóranse con produtos frescos de provedores locais. Así mesmo, na preparación dos menús atendeuse ás necesidades específicas dos nenos e nenas participantes con intolerancias, alerxias ou outras particularidades.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘José María de Labra. Correspondencias’

01-04-2025
RSC

A mostra reúne 55 obras que permiten revisar en clave contemporánea a traxectoria deste artista galego, fundamental no desenvolvemento da abstracción en España.

Comisarios, representantes da Colección ABANCA e artistas que cederon obra para a exposición, durante o acto de apertura da mostra.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .