ABANCA e AJE Galicia alíanse para recoñecer os emprendedores e as ideas innovadoras
- O banco patrocinará o acto de entrega do premio “Xove Empresario de Galicia 2015” e tamén os diferentes galardóns locais
- A entidade financeira e a asociación incentivan o reforzo do tecido produtivo galego e o xurdimento de novas empresas
ABANCA e a Federación Galega de Xoves Empresarios (Fegaxe) suman enerxías para recoñecer o esforzo dos novos empresarios e incentivar a posta en marcha de ideas empresariais innovadoras. Esta contribución é froito do acordo de colaboración asinado polas dúas entidades está mañá en Vigo. O acto contou coa presenza do director de Banca Institucional de ABANCA, Santiago Novoa, e da presidenta de AJE Galicia, Carmen López. A rúbrica tamén contou coa presenza de Álex Cabo, presidente de AJE Vigo.
O texto firmado prolonga o traballo conxunto entre as dúas entidades e contribúe decisivamente ao xurdimento e recoñecemento dos emprendedores. Unha aposta de futuro que contribúe a reforzar o tecido produtivo galego e a creación de novas empresas.
O premio “Xove Empresario de Galicia 2015”, que conta co patrocinio de ABANCA, recoñece o labor de novos empresarios e innovadores da comunidade. Aínda que só conta con cinco edicións, consolidouse como un prestixioso galardón que recoñece o potencial de mellora empresarial. Este ano entrégase en Lugo, organizado conxuntamente por AJE Galicia e AJE Lugo.
Apoio os novos proxectos
Este ano, ademais, ABANCA tamén colabora coa entrega de premios das diferentes asociacións locais, na Coruña, Pontevedra, Vigo, Ourense e Ferrol. Un número importante dos emprendedores e empresarios recoñecidos en edicións anteriores conseguiron consolidar con éxito os seus proxectos.