ABANCA e Anpier impulsan o desenvolvemento da enerxía fotovoltaica cun convenio
- A oferta que pon a disposición o banco permite financiar placas fotovoltaicas para autoconsumo a particulares ou a autónomos e pemes
- A rúbrica, que tivo lugar en Xixón, supón un empurrón á implantación desta forma de abastecemento enerxético
- Ambas entidades promoven unha xornada que reflexiona sobre os retos e dificultades da transición enerxética
ABANCA e a Asociación Nacional de Produtores de Enerxía Fotovoltaica (Anpier) asinaron un acordo de colaboración para traballar en produtos financeiros que se adapten ás necesidades deste colectivo. Grazas a este convenio, particulares, autónomos e pemes poderán acceder dunha maneira máis sinxela ao financiamento necesario para instalar paneis fotovoltaicos.
O convenio foi rubricado en Xixón por Miguel Ángel Martínez-Aroca, presidente de Anpier, e Marcos Lamas, director territorial de ABANCA en León/Asturias. Grazas a este texto, ambas as entidades dan un impulso ao acceso a esta fonte limpa e comprométense coa transición enerxética.
O texto pon a disposición deste colectivo a oferta específica da entidade financeira para dar resposta a estas necesidades. Os particulares disporán dunha modalidade exclusiva de préstamo destinado a financiar reformas que contribúen á mellora da eficiencia enerxética das vivendas. Con prazos de devolución amplos, sen a maior parte das comisións máis habituais e un tipo de xuro reducido.
Estas alternativas de financiamento permitirán a autónomos e pemes a instalación de paneis fotovoltaicos a través dun préstamo persoal de ata 200.000 euros e 10 anos sen comisións de estudo, amortización ou cancelación anticipada e cun tipo de xuro moi atractivo. Este colectivo tamén poderá acceder a unha póliza de crédito idónea para acometer este desembolso.
Tanto particulares, como autónomos e pemes asociados a Anpier poderán eliminar facilmente as principais comisións grazas ao Programa Cero Comisións de ABANCA. Ademais, este texto tamén lles permitirá acceder a unha oferta personalizada en materia de seguros.
Xornada sobre transición enerxética
Despois da firma do convenio, Anpier e ABANCA organizaron, conxuntamente coa Cámara de Comercio de Xixón e a Federación Asturiana de Empresarios (FADE), unha xornada sobre as posibilidades das novas enerxías. Baixo o título “Transición enerxética: unha gran oportunidade para o Principado de Asturias”, expertos e implicados debateron en diversas mesas redondas sobre as posibilidades da xeración renovable para particulares e empresas e os efectos do cambio climático. O director territorial de ABANCA en León/Asturias, Marcos Lamas, participou nun debate sobre os desafíos no segmento empresarial destas fontes de enerxía.