• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e APAG Extremadura ASAJA redobran o seu compromiso co campo e buscan novas fórmulas de colaboración

  • A entidade financeira e a organización agraria traballan nun sistema de tramitación das axudas PAC máis áxil, que adianta pagos e simplifica as xestións
  • O banco pon a disposición dos novos agricultores asociados o seu catálogo a medida para o sector agrario
  • A aposta pola sostibilidade e a mellora competitiva das explotacións, dous dos aspectos que o novo convenio quere impulsar

O director territorial de ABANCA en Estremadura/Sur, Óscar Salgado, e o presidente de APAG Extremadura ASAJA, Juan Metidieri, durante a sinatura.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

20-04-2021
Negocio

ABANCA e APAG Extremadura ASAJASerás redirixido a outro sitio web alíanse para dar un novo impulso ao sector na provincia. As dúas entidades afianzan a súa aposta polo mundo agrarioSerás redirixido a outro sitio web e comprométense coa viabilidade e o futuro dun colectivo clave para a economía produtiva da rexión.

Isto é posible grazas ao novo convenio de colaboración que rubricaran esta mañá na sede da organización en Mérida. No participaran o director territorial de ABANCA en Estremadura/Sur, Óscar Salgado, e o presidente de APAG Extremadura ASAJA, Juan Metidieri. Logo da firma do convenio, representantes de APAG Extremadura ASAJA e do banco, entre eles o director de zona de ABANCA en Badaxoz, Alejandro de Prado, trataron nunha reunión de traballo os retos e desafíos do sector na rexión.

Con este texto, as dúas entidades evidencian a necesidade de crear novos lazos para facilitar que os máis novos poidan emprender neste sector. Para iso, ABANCA dota aos asociados dun amplo catálogo de produtos e servizos, creados a medida para as súas necesidades máis inmediatas.

Entre esta ampla oferta sobresae o anticipo colleita ou o préstamo campaña para facer fronte aos gastos habituais da vindeira colleita. Propostas moi demandadas e que se suman a outras como a liña específica de financiamento de seguros agrarios que permite fraccionar o pago ata en 12 mensualidades.

O novo texto recolle tamén outros produtos especializados como liñas de comercio exterior, confirming, factoring, avais ou liñas de desconto. Neste catálogo a medida ten cabida a póliza de crédito con prazo de ata cinco anos, ideada para o sector e que supón un revulsivo para as necesidades de liquidez de cada momento, cun importante aforro en gastos de formalización.

A sostibilidade e a mellora competitiva, no foco

Pero ademais de facer fronte ás necesidades actuais, ABANCA e APAG Estremadura ASAJA buscan alternativas para abordar algúns dos desafíos dos próximos anos. A través do crédito, abordan procesos como a renovación ou adquisición de maquinaria, a modernización dos cultivos ou a implantación de enerxías renovables.

Para iso, a oferta sectorial recollida no convenio inclúe produtos como o préstamo persoal ou o leasing para o sector agrogandeiro, cun prazo moi amplo, que pode chegar ata os 12 anos no caso do préstamo.

O financiamento oficial é tamén unha das grandes protagonistas desta firma. O banco pon a disposición do sector os convenios oficiais co ICO ou con SAECA (incluida a liña MAPAMA 2021 con destino compra maquinaria). Destaca tamén o Instrumento Financeiro de Xestión Centralizada (IFXC), que incorpora un aval de ata o 80% por parte da Administración para facilitar a incorporación de novos agricultores.

A campaña das PAC colle velocidade

Este novo convenio senta tamén as bases para que as dous entidades colaboren na tramitación das axudas PAC. Coa súa experiencia conxunta nesta xestión, garantízase que a domiciliación sexa máis áxil e os novos agricultores poidan acceder a alternativas de crédito adaptadas para dispoñer antes dos fondos.

Precisamente a través do anticipo, os agricultores poden optar ata ao 90% do importe da axuda de maneira rápida. Para impulsar a sinxeleza e axilidade na tramitación dos anticipos, como novidade nesta campaña, ABANCA activou préstamos preautorizados por importe de ata 100.000 euros, destinados tanto a anticipos de axudas PAC, como a financiamento de primas de seguros agrarios. Poderán acceder a estes preautorizados ao redor de sete de cada dez beneficiarios de axudas PAC que domicialaran a súa solicitude en ABANCA.

Con esta nova colaboración con APAG Extremadura ASAJA, o banco avanza no seu plan de apoio aos principais sectores da economía produtiva estremeña. O primario da rexión é clave para ABANCA e nos últimos meses impulsou unha estreita colaboración con algúns dos axentes máis relevantes. Esta firma permite avanzar en dotar de solucións a medida fronte aos principais problemas de autónomos, empresas e familias da provincia.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .