• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e APROMAR fixan unha estratexia de colaboración para o fomento da acuicultura

  • A entidade financeira e a asociación sectorial renovan a súa colaboración co obxectivo de promover o desenvolvemento sostible do sector
  • O banco deseña opcións á medida das necesidades destes profesionais e pon en valor a experiencia e a proximidade da súa unidade especializada ABANCA Mar

O director xerente de APROMAR, Javier Ojeda, e o director de ABANCA Mar, Javier Fraga, durante a sinatura.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

O director xerente de APROMAR, Javier Ojeda, e o director de ABANCA Mar, Javier Fraga, no encontro.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

18-07-2023
Negocio

ABANCA e a Asociación Empresarial Española de Acuicultura (APROMAR) avanzan nunha estratexia compartida para afrontar os retos e oportunidades do sector. As dúas entidades renovaron un ano máis o seu convenio de colaboración, que aposta por facilitar o acceso ao crédito e ofrecer novas alternativas para impulsar un sector comprometido coas prácticas máis sostibles.

O novo texto asinouse esta mañá na sede institucional do banco en Vigo e participaron o director de ABANCA Mar, Javier Fraga, e o director xerente de APROMAR, Javier Ojeda. A firma deu paso a un encontro informal, ao que tamén se sumaron outros representantes do banco e da asociación, que serviu para analizar a actualidade do sector.

A través deste acordo, o banco reforza o seu catálogo de produtos e servizos pensados para adaptarse ás necesidades das empresas integradas en APROMARSerás redirixido a outro sitio web. A sostibilidade ambiental, a eficiencia enerxética e o fomento da acuicultura sostible, como complemento necesario á pesca extractiva fronte aos retos de futuro, son algúns dos obxectivos que persegue este financiamento adaptado.

Un amplo catálogo de solucións personalizadas

En concreto, as empresas acuícolas asociadas poderán acceder a produtos flexibles como unha póliza de crédito con xuros moi competitivos, pero tamén a préstamos persoais sen xuros ou comisións e a posibilidade de aprazar o pago de impostos, leasing mobiliario, avais ou desconto comercial. Para impulsar os seus proxectos e poñer en marcha novas iniciativas empresariais baixo a premisa da sostibilidade, ABANCA tamén ofrece financiamento á medida. É o caso das hipotecas navais e dos préstamos a tipo fixo, que inclúen longos prazos de amortización, posibilidade de carencias e tipos de xuro moi competitivos. É unha fórmula ideal tanto para a construción ou remodelación de embarcacións, como para a renovación dos diferentes artefactos por outros máis eficientes e respectuosos co medio ambiente.

Todo iso sen esquecer as diferentes alternativas de crédito oficial dispoñibles na entidade financeira e moi concretamente o anticipo de subvencións do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura (FEMPA).

A renovación da colaboración con APROMAR permite ao banco reafirmar a súa aposta por un sector clave para a economía nacional e supón un paso máis no seu plan de apoio ao mundo da pesca e da acuicultura. ABANCA colaborou estreitamente no financiamento con diferentes organizacións de produtores pesqueiros (OPP) e mantén vínculos cos principais protagonistas do sector, que lle permiten coñecer de primeira man os retos e necesidades dos seus asociados. Desde 2016, a entidade financeira conta cunha unidade especializada para este segmento, ABANCA MarSerás redirixido a outro sitio web, que centra a súa proposta de valor na proximidade co sector e un amplo catálogo de produtos e servizos creados para afrontar os seus retos.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .