• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e as confrarías da Mariña buscan promover o relevo xeracional e a sostibilidade no sector cun novo acordo

  • O banco, a federación provincial e os pósitos de Lugo reimpulsan a súa colaboración e crean solucións a medida para dar resposta aos retos do sector pesqueiro, moi preocupado ante a baixa incorporación de xente nova
  • O novo convenio apoia o crecemento e a revitalización sostible dun dos grandes motores económicos da comarca lucense

O coordinador de ABANCA Mar en Galicia, Miguel Ríos (primeiro pola dereita), e o director de zona de ABANCA na Mariña-Terra Chá, Carlos Teijeiro (segundo pola dereita), durante o seu encontro cos representantes das distintas confrarías.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

09-05-2024
Negocio

ABANCA, a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo e os pósitos da provincia consolidan a súa alianza estratéxica coa renovación do seu xa tradicional acordo de colaboración. Esta actualización, froito dun traballo conxunto co sector, brinda solucións personalizadas para apoiar unha actividade de grande impacto na economía da costa lucense.

A firma do acordo tivo lugar no porto de Burela, coincidindo coa celebración das xornadas técnicas que organiza a Fundación Expomar para abordar os novos retos e dificultades que afronta o sector. O director de zona de ABANCA na Mariña-Terra Chá, Carlos Teijeiro, foi o encargado de asinar o novo texto cos representantes da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo e os pósitos de San Juan Bautista de Burela, Santiago Apóstol de Celeiro, Foz, O Vicedo, Ribadeo e San Cibrao. O coordinador de ABANCA MarSerás redirixido a outro sitio web en Galicia, Miguel Ríos, estivo tamén presente neste novo encontro.

Mediante estas firmas, as entidades involucradas buscan reforzar o sector pesqueiro galego, con especial énfase en favorecer a súa transformación sostible e a incorporación de xente nova ao mesmo, dous piares cruciais para poder preservar a rica tradición pesqueira e marisqueira da Mariña.

Neste sentido, os acordos — xa en vigor — impulsan a creación de novos proxectos pesqueiros e a mellora competitiva dos existentes. Destacan por incluír unha liña de financiamento deseñado especificamente para mozos pescadores, así como unha ampla gama de solucións financeiras que apoian a sostibilidade do sector, contribuíndo así a acelerar a modernización da frota en Galicia e promovendo o uso de embarcacións máis eficientes e respectuosas co medio ambiente.

Para completar a oferta, ABANCA contempla igualmente outros produtos pensados para dar resposta ás necesidades do día a día das confrarías e os seus membros, como pólizas de crédito que permiten paliar as consecuencias de paros biolóxicos no sector pesqueiro, pero tamén o cesamento ou diminución de actividade marisqueira. Os protocolos asinados garanten así mesmo o acceso a outros produtos en condicións vantaxosas, como préstamos persoais á medida para o sector, anticipos de subvencións, leasing mobiliario, liñas de comercio exterior, confirming, avais ou seguros especializados, entre outros.

Este acordo é unha proba máis do sólido compromiso da entidade financeira cun sector especialmente relevante para o norte da provincia de Lugo, como é o mundo do mar. ABANCA pon de novo en valor a experiencia acumulada da súa unidade especializada ABANCA Mar, que aúna desde 2016 unha oferta única con produtos á medida e xestores especializados.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA colabora coa Axencia Tributaria no pago de impostos con Bizum e tarxeta

03-04-2025
Negocio

É unha das catro entidades financeiras que desenvolveron para a AEAT os novos métodos de pago dixital, que se estrean coincidindo co inicio da campaña da renda 2024

Logotipo de ABANCA nunha das sedes corporativas do banco.

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

26-03-2025
Negocio

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

O director territorial de ABANCA cos representantes das áreas industriais
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .