• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e as confrarías da ría de Vigo deseñan unha resposta integral fronte aos retos do sector

  • O banco e os pósitos promoven solucións crediticias para afrontar con garantías a campaña de Nadal, unha das épocas clave do ano
  • A renovación e da frota e a sostibilidade cobran protagonismo na oferta a medida creada pola entidade para reforzar a competitividade do colectivo
  • As confrarías alertan da falta de relevo xeracional e reclaman máis apoio á pesca tradicional e iniciativas para fomentar o consumo de peixe

Cuarto pola esquerda na fila superior, o director de ABANCA Mar, Javier Fraga, durante a reunión cos representantes das confrarías.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Quinto pola dereita, o director de ABANCA Mar, Javier Fraga, cos representantes das confrarías e outros responsables da rede comercial do banco.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

19-10-2023
Negocio

ABANCA comprométese un ano máis coas necesidades das confrarías da ría de Vigo e reimpulsa a estreita colaboración que mantén cun sector clave na economía da zona. É a conclusión máis importante da reunión celebrada con representantes dos principais pósitos do sur de Galicia na sede institucional do banco en Vigo. O director de ABANCA MarSerás redirixido a outro sitio web, Javier Fraga, e o coordinador de ABANCA Mar en Galicia, Miguel Ríos, conduciron unha reunión de traballo na que tamén participaron outros responsables da rede comercial da entidade financeira.

ABANCA e as principais confrarías do sur da provincia escenificaron un ano máis, e xa son oito, unha colaboración que permite aos pósitos e aos seus socios acceder a unha oferta económica e financeira adaptada ás súas necesidades. A poucas semanas dunha das épocas clave do ano, a campaña de Nadal, o banco renova os seus convenios de colaboración e pon a disposición do colectivo unha versión actualizada do seu catálogo para o mundo do mar. A experiencia acumulada pola entidade a través da súa unidade especializada ABANCA Mar e a fluída comunicación co sector serven para deseñar produtos máis adaptados e avanzar en circuítos de concesión de financiamento máis áxiles.

Potenciar as capacidades do sector

O encontro de traballo coas confrarías permitiu coñecer máis as súas necesidades, relacionadas tanto coa actividade cotiá como cos retos transversais do sector. Precisamente a renovación da frota e o fomento da sostibilidade centraron boa parte deste encontro. O banco presentou a súa oferta de crédito adaptada a algúns destes retos, como as hipotecas navais, para facilitar a construción de novas embarcacións ou a renovación das actuais.

Todo isto sen esquecer as novas alternativas a medida de financiamento de circulante, préstamos para financiar a compra de materias primas en campaña, mareas, pagos de gasóleo ou dereitos de pesca; os anticipos de subvencións ou pago de impostos, e tamén outros produtos e servizos como leasing mobiliario, avais ou seguros, entre outros. O banco tamén ofreceu información sobre as opcións de financiamento oficial, a través dos diferentes convenios asinados co ICO, o Igape e as SGR galegas.

As confrarías aproveitaron o encontro para alertar da falta de relevo xeracional e reclamaron máis apoios para a pesca tradicional e para a posta en marcha de iniciativas que sirvan para impulsar o consumo de peixe, profundamente afectado polo escenario económico actual.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .