ABANCA e as principais confrarías da Mariña reforzan a súa estratexia co foco posto na sostibilidade
- O banco, a federación provincial e as principais agrupacións de pescadores do norte de Lugo renovan o seu acordo de colaboración coa sostibilidade e a mellora competitiva no centro da colaboración
- A entidade financeira pon en marcha solucións de crédito a medida para o sector
- ABANCA ofrece un catálogo con produtos específicos deseñados pola unidade especializada ABANCA Mar
Un ano máis, ABANCA une esforzos coa Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo e as principais confrarías da provincia a través da renovación dun convenio de colaboración que busca mellorar a competitividade e transformación da actividade cara a un modelo máis sostible.
Á firma, que tivo lugar en Burela aproveitando o encontro sectorial das XXIX Xornadas Técnicas de Expomar, asistiron por parte de ABANCA o director territorial de ABANCA en Lugo, Javier Soto, que foi o encargado de asinar; o director de ABANCA Mar, Javier Fraga; o coordinador de ABANCA Mar, Miguel Ríos; o director de zona de ABANCA na Mariña, Carlos Teijeiro; e o director da oficina de ABANCA en Burela, José Javier Parga. Por parte das confrarías, firmaron o presidente da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo e patrón maior da Confraría de Pescadores San Xoán Bautista de Burela, José Basilio Otero; o patrón maior da Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Celeiro, Domingo Rey; o patrón maior da Confraría de Pescadores de Foz, José Juan Lestegás; o patrón maior da Confraría de Pescadores do Vicedo, Diego Pernas; o patrón maior da Confraría de Pescadores de Ribadeo, Javier Martínez; e o patrón maior da Confraría de Pescadores de San Cibrao, Javier Sánchez.
Renovación da frota e eficiencia enerxética
Grazas a este acordo, desenvolto pola unidade especializada ABANCA Mar, o banco prioriza o seu apoio financeiro á renovación da frota e a proxectos de inversión para fomentar a eficiencia enerxética, a biodiversidade e a redución do impacto climático. Para isto, a entidade financeira volve poñer en marcha as hipotecas navais, que permiten introducir prazos amplos ou carencias para incentivar a construcción de novas embarcacións, a remodelación ou a adquisición de barcos máis eficientes e respetuosos cos ecosistemas.
Ademais de facilitar ao sector pesqueiro produtos e servizos financieros deseñados especificamente para el, o acordo permite ás confrarías aproveitar as oportunidades que lles brindan os fondos europeos de recuperación Next Generation, en especial para levar a cabo proxectos de sostibilidade, dixitalización, eficiencia enerxética e descarbonización. Para isto, o banco conta coa unidade específica Next Generation, que tramitará as axudas grazas ao coñecemento e experiencia do personal especializado.
No convenio recóllense produtos adaptados, como unha póliza de crédito específica para o sector pesqueiro, que permite atender ás necesidades de liquidez puntuais. Tamén se detallan unha serie de medidas que permitirán reducir o impacto da baixada de prezos ou da demanda a través de anticipos de axudas, aplazamentos de impostos e liñas de desconto, así como outras opcións, como as liñas de avais e confirming, coberturas de prezos sobre gasóleo ou desconto comercial.
Así mesmo, ABANCA comprométese a ofrecer ao colectivo información e asesoramento específico sobre opcións de aseguramento dos seus negocios e oportunidades de financiamento mediante os convenios oficiais que o banco mantén co ICO, IGAPE e as SGR galegas.
Mediante a firma deste convenio, ABANCA reforza o seu compromiso co sector do mar, fundamental para a economía de Galicia e especialmente para o norte da provincia de Lugo.