ABANCA e ASAJA Castela e León unen esforzos no inicio da campaña das axudas PAC
- ABANCA e a Asociación Agraria Jóvenes Agricultores de Castela e León renovan o seu acordo para responder ás necesidades do sector
- A entidade financeira pon a disposición do colectivo unha serie de produtos e servizos adaptados ás súas necesidades fomentando a sostibilidade
- O banco e a asociación traballan en conxunto para facilitar a tramitación das axudas PAC e ofrecer alternativas de crédito
ABANCA e a Asociación Agraria Jóvenes Agricultores (ASAJA) de Castela e León acaban de asinar un acordo de colaboración que ten como obxectivo principal consolidar unha estratexia común que facilite a recuperación do sector poñendo o foco nas súas necesidades de crédito. Este acordo chega precisamente no arranque da campaña das axudas das PAC e reforza o compromiso que ten ABANCA cun sector de gran importancia para a comunidade de Castela e León.
O documento foi asinado esta mañá en Valladolid polo coordinador de ABANCA Agro en León, Alfonso García Marcos, e o presidente da Asociación Agraria Jóvenes Agricultores (ASAJA) de Castela e León, Donaciano Dujo Caminero.
No convenio detállanse as fórmulas de crédito deseñadas de forma específica para os agricultores. Neste sentido, tanto o banco como a asociación reforzan o seu compromiso coa sostibilidade á hora de ofrecer servizos e produtos como préstamos personais ou leasing mobiliario con prazos moi amplos, que permiten a renovación e modernización da maquinaria e de cultivos e a implantación de enerxías renovables.
Outro dos puntos destacables do convenio é o anticipo colleita e o préstamo de campaña, que permitirán aos agricultores asumir os gastos habituais da próxima colleita sen complicacións. Os asociados terán acceso a outras fórmulas de crédito, como liñas de comercio exterior, confirming, factoring, avais ou líneas de desconto, así como a póliza de crédito cun prazo de ata cinco anos. Esta póliza foi deseñada para este sector e facilitará as necesidades de liquidez cun importante aforro en gastos de formalización.
Co foco nas axudas PAC e o financiamento oficial
O banco traballará na tramitación das axudas PAC, que lles permitirá axilizar a domiciliación dos pagos e ofrecer alternativas de crédito para o seu anticipo. Ademais, como novidade, ABANCA activou préstamos preautorizados por importes de ata 100.000 euros, que irán destinados a anticipos de axudas PAC e á financiación de primas de seguros agrarios. Adicionalmente, o banco puxo en marcha un dispositivo especial na súa rede comercial para axilizar a tramitación destas axudas, con xestores especializados en numerosas oficinas que buscan acortar os prazos, simplificar as xestións e ofrecer respostas a medida aos agricultores.
No texto resáltase tamén a importancia do financiamento oficial, xa que ABANCA tramitará con especial dilixencia as liñas do ICO e SAECA. A maiores, o acordo destaca o Instrumento Financeiro de Xestión Centralizada (IFXC), que incorpora un aval de ata o 80% por parte da Administración en accións, como a compra de fincas que realicen agricultores novos ou as necesidades de liquidez sen vincular a investimentos.
A través da renovación deste convenio, ABANCA reforza unha vez máis o seu apoio á economía de Castela e León, en especial ao sector primario, que conta cunha gran importancia na comunidade.