• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e ASAJA León colaboran de novo para facilitar a tramitación e anticipo das axudas da PAC

  • Os asociados a este sindicato agrario beneficiaranse de diversas vantaxes financeiras como o anticipo das axudas da PAC, liñas de financiamento e un amplo catálogo de produtos centrados no sector
  • O convenio pon a disposición dos agricultores un amplo catálogo de liñas de financiamento e seguros para o sector

O secretario xeral de ASAJA León, José Antonio Turrado, xunto ao director territorial de ABANCA en León e Asturias, Marcos Lamas.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

24-04-2019
Negocio

ABANCASerás redirixido a outro sitio web e a Asociación Agraria de Jóvenes AgricultoresSerás redirixido a outro sitio web (ASAJA) de León asinaron hoxe un novo convenio que reforza a súa colaboración en materia financeira e de cara a presente campaña da PAC. Con este texto, as dúas entidades dan resposta a unha das principais preocupacións do sector e permitirán o abono anticipado das axudas da PAC, ademais doutras subvencións.

Na rúbrica, que tivo lugar esta mañá en León, participaron o secretario xeral de ASAJA León, José Antonio Turrado Fernández, e o director territorial de ABANCA en León e Asturias, Marcos Lamas Seoane. Con esta nova firma, o banco estreita o seu vínculo co sector primario. Unha vinculación que se conserva desde fai catro anos grazas á creación de ABANCA AgroSerás redirixido a outro sitio web, unha división específica para o sector, con produtos adaptados ao negocio do campo e xestores especialmente formados.

Grazas a este novo texto, os asociados de ASAJA León poderán tramitar de maneira áxil a solicitude e o anticipo das axudas da PAC. Os agricultores terán a posibilidade de anticipar ata o 90% do importe da axuda, en condicións moi competitivas. ABANCA tamén ofrece un préstamo específico para os gastos de campaña, cun máximo de 10.000 euros e un prazo de ata seis meses, a tipo de interese cero e cunha comisión de apertura moi competitiva con respecto ao mercado.

Os agricultores tamén poderán afrontar investimentos coa máxima tranquilidade grazas a un préstamo persoal ou leasing para o sector agrogandeiro cun prazo moi amplo que pode chegar ata os 12 anos no caso de préstamo. Con este produto, a entidade financeira facilitará o crédito para, entre outras cuestións, favorecer a compra de maquinaria e a adquisición e amoblamento de leiras de regadío. Neste sentido, os asociados poderán igualmente beneficiarse dunha póliza de crédito, de ata cinco anos, para financiar as necesidades de liquidez do día a día e que supón un aforro importante en gastos de intervención notarial.

A oferta de ABANCA inclúe ademais condicións melloradas na contratación doutras liñas de financiamento, como anticipos doutras subvencións a maiores da PAC, tamén de devolución de impostos e, mesmo, o financiamento do pago de impostos. Incorpóranse igualmente outras fórmulas de financiamento máis especializadas como liñas de comercio exterior, confirming, factoring, avais e liñas de desconto.

O novo convenio pon mesmo a disposición dos agricultores un amplo catálogo de seguros centrados no sector, como o Agroseguro, o Seguro de Explotación Agraria, ou o Seguro de Maquinaria Agrícola, entre outros.

Doutra banda, o documento inclúe outras liñas de financiamento grazas aos acordos que mantén ABANCA con diversos organismos públicos. Así, a entidade ten subscritos varios convenios coas Sociedades de Garantía Recíproca nacionais, coa Sociedad Anónima Estatal de Caución Agraria (SAECA) e co Instituto de Crédito Oficial (ICO). Á súa vez, ABANCA é unha das entidades que se adheriu ao Instrumento Financiero de Gestión Centraliza e que supón garantir o financiamento solicitado ao amparo deste convenio ata o 80%. Ademais, os agricultores coa domiciliación da PAC poderanse beneficiar das vantaxes do Programa Cero Comisións do banco para deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas e dos servizos máis habituais.

ABANCA é a entidade financeira líder no noroeste español e, desde os seus inicios, apostou polo desenvolvemento dos servizos no medio rural. A entidade dispón dunha ampla rede de sucursais na provincia de León, entre cuxa clientela se atopan moitos agricultores e gandeiros da provincia, así como outros profesionais e empresas agroalimentarias ou indirectamente relacionadas co sector primario. ASAJA León, pola súa banda, é unha organización con ampla implantación entre os profesionais do campo, e que defende os intereses dos agricultores e as empresas agrarias da provincia.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .