ABANCA e ASATA renovan a súa colaboración para impulsar a mellora competitiva das empresas asturianas
- Os asociados terán á súa disposición tarifas adaptadas e xestores especializados e poderán eliminar as comisións máis habituais
- O banco e a asociación estreitan lazos cun novo convenio que aposta decididamente por facilitar o acceso ao crédito
ABANCA e ASATA renovaron esta mañá o convenio de colaboración que os une. Un texto que serve como base a ambas as entidades para referendar a súa aposta pola mellora competitiva das sociedades asturianas de traballo asociado e da economía social.
A firma do convenio tivo lugar en Oviedo e participaron o presidente de ASATA, Ruperto Iglesias García, e o director territorial de ABANCA en León/Asturias, Marcos Lamas Seoane.
O novo convenio non só prolonga as vantaxes das que xa gozaban os asociados, senón que mellora as condicións de contratación. A entidade financeira e a asociación puxeron o acento nesta ocasión en garantir o acceso ao crédito para promover a posta en marcha de novos proxectos empresariais e a mellora competitiva dos actuais. Os asociados que desexen emprender atoparán produtos de financiamento con xuros atractivos e amplos prazos de amortización y carencias.
No caso dos empresarios asociados que teñan como obxectivo a mellora competitiva dos seus proxectos, ABANCA e ASATA deseñaron alternativas de crédito adaptadas como pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, anticipos, avais ou liñas de desconto comercial.
A estas vantaxes, ABANCA suma os beneficios do seu Programa Cero Comisións, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.
ABANCA reafirma tras esta rúbrica o seu compromiso a favor do tecido produtivo asturiano e das iniciativas empresariais. ASATA avanza na súa estratexia de representación e defensa dos intereses das empresas de traballo asociado.