• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e Banque Fédérative du Crédit Mutuel asinan a compravenda de Targobank España

  • A operación completarase ao longo de 2023, unha vez recibidas as autorizacións correspondentes, e a continuación abordarase a integración tecnolóxica
  • Con esta operación, ABANCA incrementa a súa presenza comercial en Madrid, Andalucía e o arco mediterráneo, e fortalece liñas de negocio que considera estratéxicas

De esquerda a dereita, o presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, o deputy CEO de BFCM, Alexandre Saada, e o CEO de ABANCA, Francisco Botas.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

22-02-2023
Corporativo

ABANCA e BFCM (Banque Fédérative du Crédit Mutuel) asinaron esta mañá na sede de ABANCA en Madrid o contrato de compravenda de Targobank España, unha vez finalizados o período de conformidade e a consulta aos representantes dos traballadores previstos na lexislación francesa. No acto de firma estiveron presentes o presidente e o CEO de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez e Francisco Botas respectivamente, e o deputy CEO de BFCM, Alexandre Saada.

A operación, que se completará ao longo deste ano, queda pendente da obtención das autorizacións administrativas do Banco Central EuropeoSerás redirixido a outro sitio web, a Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia, e a Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións. Posteriormente, durante 2024 procederase á integración tecnolóxica, proceso para o que ABANCA conta cun modelo de éxito probado nas seis operacións corporativas realizadas desde 2014.

A integración na plataforma tecnolóxica de ABANCA permitirá aos clientes de Targobank España beneficiarse de maiores capacidades tecnolóxicas, especialmente a través da súa banca móbil; de atención persoal nunha rede de preto de 700 oficinas en España; dun alto grao de especialización en segmentos como familias, banca persoal, privada, pemes e empresas, seguros, fondos de investimento, medios de pago e consumo; de maior diversificación do catálogo de produtos, e da súa presenza internacional en 11 países de Europa e América.

A operación en cifras

Coa integración de Targobank España, ABANCA xestionará un volume de negocio de 112.544 millóns de euros, un 5,2% superior ao actual. Os préstamos ascenden a 49.219 millóns, un 6,9% máis, os depósitos suman 51.390 millóns, cun incremento do 4,4%, e o número de oficinas sitúase en 727, un 7,5% máis. O cociente de mora conxunto é do 2,1% e a cobertura do 86%, o que permitirá manter a boa calidade dos activos que presenta ABANCA.

Targobank España conta con 541 profesionais que prestan servizo a preto de 150.000 clientes a través das 51 oficinas que teñen en todo o territorio nacional, especialmente no arco mediterráneo, Madrid e Andalucía. ABANCA manterá aos profesionais de Targobank España para dar continuidade á súa política de sumar o talento e a profesionalidade dos equipos incorporados nas diferentes integracións.

Coincidencia nas liñas estratéxicas de negocio

A estratexia de negocio de Targobank España coincide coa aposta de ABANCA pola orientación á captación e vinculación dos particulares, a través de produtos valor como os seguros, medios de pago ou fondos de investimento, así como ao apoio ás pequenas e medianas empresas. Targobank España dispón duns activos de alta calidade, froito da xestión previa e dun equipo de alta capacidade profesional.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA lanza unha emisión de débeda perpetua AT1 por 500 millóns de euros

08-09-2025
Corporativo Financiero

A operación executada hoxe refinanciará a emisión similar (AT1) de 375 millóns emitida en xaneiro de 2021, que incorporaba a posibilidade de amortización anticipada en xaneiro de 2026.

B100, novo patrocinador principal da Cursa dels Nassos de Barcelona

29-07-2025
Corporativo

B100. The Healthy Banking dará nome á Cursa dels Nassos que se disputará o 31 de decembro.

Cursa dels Nassos
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .