• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e Cepesca asinan un acordo estratéxico para impulsar a renovación da frota española e a mellora competitiva do sector

  • O acordo, dirixido a potenciar o acceso ao crédito dos armadores, tamén contempla o desenvolvemento conxunto de actividades de carácter formativo e divulgativo
  • O banco traballa nunha oferta de financiamento e servizos adaptados ás necesidades das empresas pesqueiras

Amador Suárez, presidente de Cepesca, e Luis Beraza, director xeral de Negocio España de ABANCA.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

De esquerda a dereita, Javier Fraga, director de ABANCA Mar, Amador Suárez, presidente de Cepesca, Luis Beraza, director xeral de Negocio España de ABANCA, Víctor Casal, director de ABANCA Empresas e Pemes, e Javier Garat, secretario xeral de Cepesca.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

18-02-2019
Negocio

ABANCASerás redirixido a outro sitio web e CepescaSerás redirixido a outro sitio web asinaron un convenio de colaboración mediante o que a entidade financeira porá a disposición do sector pesqueiro español unha serie de produtos e servizos financeiros deseñados para as súas particularidades e necesidades concretas. O acordo ten como obxectivo permitir ao sector impulsar a renovación da súa frota e a adopción de novas tecnoloxías aplicadas á investigación e ao aseguramento da súa actividade sostible.

O acordo dará acceso ao sector a alternativas de financiamento, tanto a curto como medio prazo e axustadas, ademais, ás principais demandas de armadores e profesionais do mar no entorno financeiro, definidas polas peculiaridades do sector pesqueiro.

ABANCA e Cepesca impulsarán a creación de grupos de traballo para abordar as necesidades do colectivo para, unha vez detectadas, desenvolver produtos ad hoc que permitan apoiar calquera tipo de proxecto en condicións vantaxosas. Tal é o caso da hipoteca naval, unha alternativa de crédito do catálogo que ofrece ABANCA creada especificamente para a renovación da frota. Ambas as partes recordaron que a frota que faena no caladoiro nacional ten unha media de 34 anos de idade, a que faena no caladoiro da UE non español, 18 anos de idade e a que faena fóra das augas da UE, 22 anos de idade.

Segundo Javier Fraga, director de ABANCA MarSerás redirixido a outro sitio web, “a nosa experiencia como entidade financeira de referencia deste proceso de renovación en Galicia permítennos dispor dun equipo de xestores especializados cun alto coñecemento deste sector e capacidade para desenvolver solucións financeiras a medida, dous valores que agora poñemos a disposición de Cepesca e os seus asociados”.

O acordo entre ABANCA e Cepesca foi rubricado por Amador Suárez, presidente da organización pesqueira, e o director xeral de Negocio España de ABANCA, Luis Beraza. O acto, ao que tamén asistiron Javier Garat, secretario xeral de Cepesca, o director de ABANCA Empresas e Pemes, Víctor Casal e o director de ABANCA Mar, Javier Fraga, celebrouse na sede da entidade bancaria en Madrid.

Segundo Amador Suárez, “creo que con este acordo tanto os profesionais do mar e os armadores van a atopar en ABANCA, máis alá dun banco, un socio estratéxico, próximo e, sobre todo, coñecedor das súas necesidades financeiras tendo en conta a particular idiosincrasia da nosa actividade”.

Impulso da divulgación e a formación

O acordo asinado tamén contempla o desenvolvemento conxunto de actividades de carácter formativo e divulgativo e co foco na mellora da competitividade do sector pesqueiro. Para iso, ambas as organizacións crearán un calendario estable de actividades que fomenten e contribúan a dar visibilidade aos retos e desafíos do sector.

A este respecto, tanto ABANCA como Cepesca manifestaron o seu interese na organización de congresos, xornadas ou outros eventos que permitan compartir boas prácticas e a mellora competitiva dos asociados da organización pesqueira.

Sobre Cepesca

Cepesca é a organización empresarial de ámbito nacional máis representativa da Unión Europea e agrupa a 37 asociacións de armadores de buques de pesca tanto de baixura como de altura, con 800 empresas pesqueiras, 861 buques, preto de 10.000 tripulantes e unha capacidade de arqueo de 311.674,88 GTs. Entre os seus obxectivos, a Confederación persegue mellorar a competitividade das empresas pesqueiras, apostar pola formación das tripulacións e o relevo xeracional, promover o desenvolvemento dunha pesca responsable e sostible e loitar contra a pesca ilegal. Para coñecer máis, visita www.cepesca.es.

Sobre ABANCA

ABANCA conta desde 2015 cunha unidade especializada nas necesidades do sector primario. Co lanzamento de ABANCA Mar, a entidade financeira conxugou un catálogo específico, xestores especializados e respostas adaptadas ás necesidades dun sector clave para a economía produtiva española.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .