ABANCA e CGD pechan a compravenda de Banco Caixa Geral
- Os máximos responsables de ABANCA e de Caixa Geral de Depósitos rubrican a adquisición na sede institucional de ABANCA en Madrid
- As dúas entidades impulsan un acordo comercial que favorecerá a internacionalización das empresas e permitirá gañar en axilidade aos clientes de ambos os bancos
- ABANCA e Banco Caixa Geral traballan desde hoxe cunha única estratexia e operarán como unha única entidade no primeiro trimestre de 2020, data na que está prevista a integración dos sistemas informáticos, o último fito del proceso
- A Xunta de Accionistas de Banco Caixa Geral ten previsto completar os trámites formais esta tarde co nomeamento de novos membros no seu Consello de Administración
Descarga los contenidos anexos
ABANCA e Caixa Geral de Depósitos pecharon o proceso de compravenda de Banco Caixa Geral, S.A. coa firma do contrato de adquisición, unha vez recibidas todas as autorizacións dos reguladores. Trátase dun dos fitos máis relevantes dunha operación que se iniciou co proceso de venda desenvolvido polo Goberno de Portugal o pasado ano e do que ABANCA resultou gañadora. O prezo da operación ascende finalmente a 384 millóns de euros.
O acto de firma tivo lugar na sede institucional do banco español en Madrid e participaron por parte de ABANCA o seu presidente, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o seu conselleiro delegado, Francisco Botas. Por parte de Caixa Geral de Depósitos asistiron o seu presidente executivo, Paulo Macedo, e Francisco Cary, conselleiro executivo de CGD e presidente do Consello de Administración de Banco Caixa Geral en España.
“Esta operación corporativa dá unha nova dimensión ao rango ibérico de ABANCA, permítenos aumentar a nosa presenza en España e favorece o crecemento do noso negocio en Portugal”, destacou Juan Carlos Escotet Rodríguez. “A compra de Banco Caixa Geral está alineada co noso modelo de negocio e achéganos coñecemento e capacidades para reforzarnos en territorios e segmentos como xestión de patrimonios, negocio crossborder, pemes e agro”, subliñou o presidente de ABANCA.
Banco Caixa Geral pasa a formar parte desde este momento do Grupo ABANCA. En total, o banco español incrementa a súa rede comercial con 110 oficinas repartidas por toda a xeografía española, con especial presenza nas provincias máis próximas á fronteira con Portugal. Suma un volume de negocio duns 7.000 millóns, así como una plantilla formada por 531 profesionais que prestan servizo a máis de 131.000 clientes particulares e empresas. ABANCA convértese así na sétima entidade española por recursos propios.
“Esta operación proporciónanos novas oportunidades de desenvolvemento de negocio para seguir avanzando na nosa senda de rendibilidade e crecemento”, explicou o conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas.
Está previsto que a Xunta de Accionistas de Banco Caixa Geral que se celebra esta tarde en Vigo complete a renovación do Consello de Administración da entidade e nomee a sete novos membros en representación de ABANCA. O máximo órgano de goberno da entidade adquirida pasa a estar formado por Juan Carlos Escotet Rodríguez, Francisco Botas, Alberto de Francisco, José Luis Vázquez, Luis Beraza, José Luis López e José María Benavent.
Unha vez superada esta fase, o calendario avanza para culminar a fusión legal e a integración dos sistemas informáticos no primeiro trimestre de 2020. Desde hoxe, as dúa entidades traballan cunha única estratexia que beneficia aos clientes desde o primeiro momento.
Acordo con Caixa Geral de Depósitos
Máis aló desta operación corporativa, ABANCA e Caixa Geral de Depósitos impulsaron tamén un acordo de colaboración comercial. Esta cooperación estará vixente en varias áreas de negocio nos segmentos de empresas e particulares con actividade no mercado ibérico e nos mercados internacionais nos que teñen presenza ambos os bancos.
En termos prácticos, os clientes de ABANCA e de Caixa Geral de Depósitos gozarán dun acceso máis áxil en xestións habituais como transferencias, créditos documentarios, remesas, xestión de cobros e pagos ou alternativas de crédito para a súa actividade diaria ou investimentos. Este acordo referenda o impulso de ABANCA á internacionalización e pon o foco especialmente no mercado ibérico, tanto para aquelas empresas españolas con actividade en Portugal, como para as compañías portuguesas que operan en España.
A culminación da compra de Banco Caixa Geral permite tamén activar as medidas transitorias de interoperabilidad entre o banco adquirido e ABANCA, que constitúen un avance da próxima integración informática. Os clientes de ambas as entidades poderán ordenar transferencias, ingresar cheques ou realizar retiradas nas redes de caixeiros dun e outro banco indistintamente sen ningún custo, entre outras medidas.
Reforzo da vocación ibérica
Esta operación corporativa permitirá que ABANCA ascenda ao sétimo posto no ranking de bancos españois por patrimonio neto e ao oitavo por volume de activos. Consolídase así como unha das entidades máis relevantes do mercado ibérico, cunha notable presenza nos dous países da península, grazas a esta operación, pero tamén á recente integración de negocio adquirido a Deutsche Bank en Portugal.