• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e CREEX impulsan a reactivación con financiamento a medida para as empresas

  • A entidade financeira e a confederación empresarial rubrican en Badaxoz un convenio que contempla liñas específicas para facer fronte á situación actual ou para reforzar a competitividade con investimentos
  • O banco conta cun catálogo de produtos adaptado ás necesidades de autónomos, pemes e empresas, así como unha ampla redr de case medio centenar de oficinas na rexión

No centro, o secretario xeral da CREEX, Javier Peinado, e o director territorial de ABANCA en Estremadura-Sur, Óscar Salgado.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

21-07-2020
Negocio

ABANCA e a Confederación Regional Empresarial Extremeña (CREEX)Serás redirixido a outro sitio web axuntan esforzos para axudar a autónomos, pemes e empresas a facer fronte á pandemia e os seus efectos no tecido produtivo rexional. As dúas entidades traballaron nunha proposta conxunta que pon o foco no crédito para dar resposta tanto ás necesidades máis inmediatas, como os investimentos que queiran acometer os asociados de CREEX.

O novo convenio firmouse esta mañá na sede de CREEX en Badaxoz e participaron o secretario xeral dos empresarios estremeños, Francisco Javier Peinado, e o director territorial de ABANCA en Estremadura-Sur, Óscar Salgado.

O texto está repleto de alternativas a medida para este colectivo e moi adaptadas á situación que vivimos na actualidade, marcada la crise sanitaria e os seus efectos sobre a economía. É por iso que dá cabida a produtos demandados polos asociados de CREEX para reactivar a economía, con condicións especiais, como pólizas de crédito, liñas de desconto comercial, avais, confirming ou factoring. Entre este amplo catálogo de produtos tamén se contemplan as liñas de financiamento oficial do ICO, incluídas as que o organismo público puxera en funcionamento no inicio da crise do COVID-19.

As empresas estremeñas tamén poderán reforzar a súa competitividade ou impulsar investimentos grazas ás alternativas de financiamentoSerás redirixido a outro sitio web que activa agora ABANCA. Trátase de opcións con prazos de amortización amplos, con límites elevados e que ofrecen a posibilidade de aplicar carencias. Entre a oferta destacan os préstamos persoais ou hipotecarios e o leasing mobiliario. Iniciativas que se suman tamén a outros produtos que permiten aprazar o pagamento de impostos ou adiantar o cobro de subvencións, ou tamén liñas para impulsar a internacionalización das empresas.

O texto inclúe as vantaxes do Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques e outros servizos habituais.

A entidade financeira conta con case medio centenar de oficinas repartidas por toda a rexión, cunha destacada presenza en municipios de menos de 10.000 habitantes. Esta rede comercial a medida de familias, autónomos e empresas acumula unha importante experiencia no denominado negocio crossborder con Portugal, país no que ABANCA tamén opera.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .