ABANCA e CREEX impulsan a reactivación con financiamento a medida para as empresas
- A entidade financeira e a confederación empresarial rubrican en Badaxoz un convenio que contempla liñas específicas para facer fronte á situación actual ou para reforzar a competitividade con investimentos
- O banco conta cun catálogo de produtos adaptado ás necesidades de autónomos, pemes e empresas, así como unha ampla redr de case medio centenar de oficinas na rexión
ABANCA e a Confederación Regional Empresarial Extremeña (CREEX) axuntan esforzos para axudar a autónomos, pemes e empresas a facer fronte á pandemia e os seus efectos no tecido produtivo rexional. As dúas entidades traballaron nunha proposta conxunta que pon o foco no crédito para dar resposta tanto ás necesidades máis inmediatas, como os investimentos que queiran acometer os asociados de CREEX.
O novo convenio firmouse esta mañá na sede de CREEX en Badaxoz e participaron o secretario xeral dos empresarios estremeños, Francisco Javier Peinado, e o director territorial de ABANCA en Estremadura-Sur, Óscar Salgado.
O texto está repleto de alternativas a medida para este colectivo e moi adaptadas á situación que vivimos na actualidade, marcada la crise sanitaria e os seus efectos sobre a economía. É por iso que dá cabida a produtos demandados polos asociados de CREEX para reactivar a economía, con condicións especiais, como pólizas de crédito, liñas de desconto comercial, avais, confirming ou factoring. Entre este amplo catálogo de produtos tamén se contemplan as liñas de financiamento oficial do ICO, incluídas as que o organismo público puxera en funcionamento no inicio da crise do COVID-19.
As empresas estremeñas tamén poderán reforzar a súa competitividade ou impulsar investimentos grazas ás alternativas de financiamento que activa agora ABANCA. Trátase de opcións con prazos de amortización amplos, con límites elevados e que ofrecen a posibilidade de aplicar carencias. Entre a oferta destacan os préstamos persoais ou hipotecarios e o leasing mobiliario. Iniciativas que se suman tamén a outros produtos que permiten aprazar o pagamento de impostos ou adiantar o cobro de subvencións, ou tamén liñas para impulsar a internacionalización das empresas.
O texto inclúe as vantaxes do Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques e outros servizos habituais.
A entidade financeira conta con case medio centenar de oficinas repartidas por toda a rexión, cunha destacada presenza en municipios de menos de 10.000 habitantes. Esta rede comercial a medida de familias, autónomos e empresas acumula unha importante experiencia no denominado negocio crossborder con Portugal, país no que ABANCA tamén opera.