• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e Deputación de Lugo dotan o Plan Activamos con 21 millóns de euros en novo financiamento para 2018

  • Desde 2014 o Plan achegou 72,5 millóns de euros en financiamento en condicións vantaxosas a empresas, familias e corporacións locais da provincia
  • A iniciativa financia entre outros usos o emprendemento, o investimento, a creación de emprego, a formación e a rehabilitación de vivendas rurais

De esquerda a dereita, José Antonio Maira, coordinador de Banca Institucional Lugo-Asturias-León de ABANCA, Darío Campos, presidente da Deputación de Lugo, Lino Comesaña, director de Negocio Institucional Galicia-Asturias-León de ABANCA, e Walter Álvarez, director territorial de ABANCA en Lugo.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

21-05-2018
Negocio

ABANCA e a Deputación de Lugo asinaron esta mañá o acordo de renovación do Plan Activamos correspondente ao exercicio 2018. Grazas a este acordo, as empresas, as familias e as corporacións locais da provincia de Lugo disporán dunha nova partida de 21 millóns de euros en financiamento en condicións preferentes enfocado ao desenvolvemento socioeconómico.

A firma do acordo tivo lugar na sede da Deputación en Lugo, nun acto que contou coa presenza do presidente do organismo provincial, Darío Campos Conde, e o director de Negocio Institucional Galicia-Asturias-León de ABANCA, Liño Comesaña Calvo.

“Coa renovación desta colaboración, o que pretendemos dende a Deputación é dinamizar a economía da provincia. Trátase dunha iniciativa coa que axudamos a que concellos e empresas poidan acceder a financiamento co que desenvolver proxectos que redunden na mellora da calidade de vida dos nosos veciños, que é o noso principal obxectivo”, explicou o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos.

“Un ano máis, as familias, as empresas e as corporacións locais da provincia de Lugo teñen á súa disposición unha ferramenta para mellorar os seus estándares de benestar e competitividade, en condicións preferentes e con diversas fórmulas deseñadas para adaptarse a usos específicos”, sinalou o director de Negocio Institucional Galicia-Asturias-León de ABANCA, Liño Comesaña.

Condicións vantaxosas

Desde a súa creación en 2014 o Plan Activamos supuxo a formalización na provincia de Lugo de 2.886 operacións de financiamento en condicións preferentes respecto das estándar do mercado, mediante as cales se inxectou un total de 72,5 millóns de euros.

A través do Plan Activamos ABANCA pon a disposición das empresas, as familias e as corporacións locais diferentes produtos financeiros adaptados ás súas necesidades. Son características comúns a ausencia de comisións por estudo, amortización ou cancelación anticipada, a existencia de amplos prazos de amortización e a posibilidade de acollerse a períodos de carencia en determinados casos.

Modalidades

As empresas e autónomos dispoñen de financiamento para a posta en marcha de novos negocios, a realización de novos investimentos, a creación de emprego, a mellora da eficiencia enerxética e as necesidades de circulante. As familias poden solicitar financiamento para o uso de enerxías renovables, a mellora enerxética e de accesibilidade no fogar, a dotación de equipamento tecnolóxico, o desenvolvemento formativo e profesional, a adquisición de vehículos eficientes e a rehabilitación de vivenda habitual no medio rural. As corporacións locais contan con financiamento para a realización de investimentos, circulante, avais e confirming.

Para este ano 2018 o Plan introduce como novidades o incremento dos importes máximos financiables e o aumento dos prazos de amortización nalgunhas modalidades.

Desde a creación desta iniciativa en 2014, ABANCA inxectou en colaboración co catro deputacións provinciais galegas máis de 500 millóns no tecido produtivo e social da comunidade autónoma.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .