• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e Dudamel impulsan a música como vía para a educación en valores da mocidade galega

  • O director de orquestra protagoniza estes días a segunda edición de Palabras para Galicia de ABANCA que leva por título ‘300 anos en sintonía’
  • O concerto que dirixirá Dudamel na Praza do Obradoiro este venres será unha das grandes citas culturais do ano

Gustavo Dudamel, á esquerda, e Francisco Botas, á dereita, saúdanse momentos antes da rolda de prensa.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

De esquerda a dereita, Gustavo Dudamel, director de orquestra, Francisco Botas, conselleiro delegado de ABANCA, e Andrés Lacasa, xerente da Orquestra Sinfónica de Galicia, durante a rolda de prensa.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

05-07-2017
RSC

O director artístico e musical da Filarmónica de Los Ángeles e director da orquestra xuvenil Simón Bolívar de Venezuela, Gustavo Dudamel, atópase xa en Galicia para protagonizar a segunda edición de Palabras para Galicia de ABANCA, que nesta ocasión coincide ademais co 300 aniversario do nacemento do Banco Etcheverría.

No seu primeiro acto público recentemente chegado a Santiago de Compostela, Gustavo Dudamel agradeceu a ABANCA a posibilidade de participar nas diferentes actividades organizadas ao redor desta iniciativa que, nesta ocasión, ten como obxectivo fundamental promover a educación en valores da mocidade galega a través da música.

O afamado director comparte co banco a idea de que “a música, a arte e a cultura son motores fundamentais de cambio que permiten aos nosos mozos cultivar a imaxinación, innovar, emprender e pensar futuros mellores”.

Francisco Botas, conselleiro delegado de ABANCA, acompañou a Gustavo Dudamel durante a rolda de prensa e explicou que a súa elección como protagonista desta segunda edición de Palabras para Galicia responde a que é a persoa “que mellor pode representar a mensaxe que ABANCA quere transmitir con este espazo para o coñecemento e o intercambio de ideas: ofrecer un exemplo aos mozos de como desde os valores, a educación, neste caso musical, e a perseveranza pódense realizar grandes proxectos que axuden ao desenvolvemento social”.

“Somos grandes admiradores do traballo que realiza tanto en América Latina como en Estados Unidos a favor da integración dos nenos e nenas máis desfavorecidos a través da música”, sinalou o conselleiro delegado de ABANCA na súa intervención. Precisamente esta filosofía que acompañou a Dudamel ao longo da súa traxectoria persoal e profesional está na base do proxecto ABANCA Resuena que desenvolve a Orquestra Sinfónica de Galicia co apoio do banco. O mestre terá ocasión de coñecer de preto a iniciativa no encontro que manterá este xoves 6 na Coruña cos preto de 200 nenos e nenas que integran as orquestras Resuena.

‘300 anos en sintonía’

Dudamel tamén manifestou o seu agradecemento ao banco pola oportunidade de poder dirixir por primeira vez en Santiago de Compostela, nun escenario tan especial como a Praza do Obradoiro e cunhas formacións musicais de máximo nivel como a Orquestra Sinfónica de Galicia e o Orfeón Donostiarra. O mozo director sente unha especial vinculación con Galicia e as súas xentes polos estreitos lazos que unen historicamente ambos os pobos.

Este concerto no que a orquestra e o coro interpretarán baixo a batuta de Dudamel a Novena Sinfonía de Beethoven será o acto central da segunda edición de Palabras para Galicia de ABANCA, que se presenta baixo o lema de ‘300 anos en sintonía’ pola feliz coincidencia do evento co 300 aniversario do nacemento do Banco Etcheverría.

O propio Gustavo Dudamel elixiu esta partitura para o concerto, que será sen dúbida una das grandes citas culturais do ano, por considerala unha das máis grandes creacións da humanidade e unha demostración da capacidade da arte de superar o seu tempo e espazo. O encontro musical reunirá a miles de amantes da música culta en Santiago de Compostela este venres 7 de xullo a partir das 21.00 horas.

Palabras para Galicia

Palabras para Galicia é unha iniciativa creada por ABANCA en 2015 como marco para acoller aquelas accións do banco que teñan como obxectivo promover o debate, fomentar o emprendemento e a posta en marcha de proxectos que permitan construír unha sociedade máis xusta e responsable. Trátase dun espazo para o coñecemento e o intercambio de ideas, para coñecer experiencias e pensamentos de grandes personalidades cuxas traxectorias vitais poden axudar a propoñer solucións innovadoras aos problemas que afectan á nosa sociedade hoxe en día.

Este foro inaugurouse en maio de 2015 coa presenza do Premio Nobel da Paz 2014 Kailash Satyarthi, un exemplo de compromiso social e de loita por ofrecer un horizonte de esperanza aos nenos e mozos do seu país, a India. Satyarthi compartiu a súa experiencia coa sociedade galega na conferencia Educación para unha sociedade sustentable: Construíndo alianzas innovadoras e tamén no encontro que mantivo en Santiago con máis de 350 novos estudantes.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA inicia a cuarta edición do seu plan de formación de persoas maiores no Pino e Dumbría

02-05-2025
RSC

A iniciativa enmárcase no programa de educación financeira do banco e ten como obxectivo promover a inclusión financeira deste colectivo.

Persoas maiores asistentes á formación realizada por ABANCA en 2024 no concello de Riós en colaboración con Cruz Vermella

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .