• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e EnergyLab únense para promover a eficiencia enerxética nas pemes

  • O banco ofrecerá financiamento vantaxoso para investimentos en materia de sustentabilidade enerxética ao amparo do proxecto H2020 ESI Europe e a súa solución ‘GoSafe with ESI’ impulsados polo centro tecnolóxico

Imaxe dunha oficina de ABANCA.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

14-05-2020
Negocio

ABANCA e o centro tecnolóxico EnergyLabSerás redirixido a outro sitio web alcanzaron un acordo de colaboración para promover a eficiencia e a sustentabilidade enerxética no tecido empresarial. En base a esta alianza, o banco ofrecerá financiamento en condicións especiais ás pemes que realicen investimentos para incrementar os aforros de enerxía nas súas instalacións no marco do proxecto H2020 ESI EuropeSerás redirixido a outro sitio web, impulsado por EnergyLab.

Os termos da colaboración entre ambas as entidades e a súa oferta financeira asociada reflíctense nun protocolo asinado polo director xeral de EnergyLab, Juan Ignacio Rodríguez Fernández-Arroyo, e o coordinador de Institucional de ABANCA en Vigo, José Luis Romero Quiroga.

Grazas a este acordo, as pemes dos sectores industrial, terciario e de transporte que teñan previsto acometer investimentos en enerxías sostibles ou de optimización da eficiencia nos consumos das súas instalacións poderán beneficiarse de préstamos persoais de ata 12 anos de prazo a baixo tipo de xuro e con posibilidade de carencia, así como avais e liñas de financiamento para o pago a provedores (confirming) en condicións vantaxosas.

Ademais, as empresas poderán optar, ao amparo deste convenio, ás diferentes liñas de financiamento oficial que ABANCA ten subscritas con ICO e as sociedades de garantía recíproca ( SGR) Sogarpo, Afigal, SGR Iberaval e a Sociedade Anónima Estatal de Caución Agraria (SAECA).

Seguro de aforro de enerxía

O proxecto H2020 Energy Savings Insurance (ESI) Europe, lanzado en 2018 pola Axencia de Basilea para a Enerxía Sostible (BASE), pretende impulsar o investimento en eficiencia enerxética a través dun seguro de aforro de enerxía en Europa. EnergyLab encárgase do despregamento en España deste proxecto, que tamén se impulsa neste momento en Italia e Portugal. O modelo ESI diríxese ás pemes e crea as condicións para que substitúan sistemas antigos e ineficientes por novas tecnoloxías de eficiencia enerxética. O resultado do proxecto é o desenvolvemento de ‘GoSafe with ESI’Serás redirixido a outro sitio web, unha solución integral que garante a obtención de aforros enerxéticos comprometidos no proxecto, minimizando os riscos dos investimentos en eficiencia enerxética.

O apoio de ABANCA a este proxecto enmárcase na súa estratexia de compromiso co medio ambiente e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. É unha das entidades que subscribiron os Principios de Banca Responsable da Iniciativa Financeira do Programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente. Na súa actividade financeira, ABANCA traballa para impulsar unha economía sostible e baixa en emisións. Entre outras accións, a entidade creou novos produtos e servizos en base a criterios de sustentabilidade ambiental e compromiso social, participa en proxectos do Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima e apoia, a través do financiamento, proxectos de enerxías renovables, mellora da eficiencia enerxética e investimentos sostibles na cadea de valor do mar.

EnergyLab é unha fundación de carácter privado sen ánimo de lucro que desenvolve actividades de I+D+i desde setembro de 2008, cuxa actividade se centra en mellorar a competitividade do tecido empresarial mediante o desenvolvemento de proxectos innovadores que permitan mellorar o desempeño enerxético e reducir o impacto ambiental das súas actividades.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .