ABANCA e Feiraco comprométense coa viabilidade das explotacións lácteas
- A entidade financeira e a cooperativa de gandeiros asinan un convenio con alternativas de crédito adaptadas para impulsar a mellora competitiva das granxas
- El banco con sede en Galicia ofrece a través da súa división ‘ABANCA Agro e Mar’ un amplo catálogo de solucións integrais para o sector primario galego
ABANCA e Feiraco SCG asinaron este xoves un convenio de colaboración nas instalacións da cooperativa gandeira en Ames. Un texto de traballo conxunto que senta as bases para garantir a viabilidade das explotacións lácteas asociadas e amosa o compromiso de ámbalas entidades co sector primario galego. No acto de rúbrica estiveron presentes o director xeral de Feiraco, José Luis Antuña Álvarez, e o director Red Comercial de ABANCA, Gabriel González Eiroa. Este documento contempla melloras no acceso ao crédito dos asociados, que poderán poñer en marcha ou mellorar a competitividade das súas explotacións con condicións económicas máis favorables.
A entidade financeira redobrou o seu apoio ao sector primario en Galicia dende o pasado mes de xuño co lanzamento da súa división ‘ABANCA Agro e Mar’. Unha insignia que agrupa a 337 oficinas e máis de 600 xestores especializados que traballan cunha oferta específica para o sector agrogandeiro. O banco con sede en Galicia tamén reforzou os acordos de colaboración con axentes relevantes e ofrece solucións a medida ante situacións imprevistas.
O crédito toma o protagonismo
O convenio firmado por ABANCA e Feiraco pon o acento especialmente no crédito. Os máis de 2.000 socios da cooperativa galega poderanse beneficiar da completa oferta agrogandeira da entidade financeira. Destacan especialmente produtos como un crédito cun prazo de ata 5 anos a un tipo de xuro moi atractivo que dá resposta a moitas das necesidades de financiamento das granxas de leite galegas. Ademais, os gandeiros tamén terán acceso a un préstamo persoal cun prazo de ata 12 anos que permite pon en marcha novas liñas de negocio ou renovar os servizos das actuais.
A oferta presentada polas dúas entidades tamén inclúe respostas para outras necesidades de crédito, a través de produtos adaptados de desconto, confirming, comercio exterior, avais, anticipo de subvencións ou impostos ou financiamento de seguros agrarios. Todo elo sen esquecer as vantaxes do Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar as comisións máis habituais a cambio dunha mínima vinculación.
Feiraco é a cooperativa de gandeiros máis relevante de Galicia e aglutina a máis de 2.000 socios e 500 explotacións lácteas. Dende o seu nacemento en 1968 defendeu os intereses do sector primario en Galicia, fomentando o desenvolvemento económico e social da nosa comunidade. ABANCA e la entidade financeira líder en Galicia e mantén un compromiso estratéxico con este segmento económico. A través da súa división ‘ABANCA Agro e Mar’ ofrece solucións adaptadas ao sector lácteo grazas á capilaridade da súa rede de oficinas e á formación específica dos seus xestores.