ABANCA e Grupo MASMOVIL únense para impulsar a dixitalización entre os seus clientes
- ABANCA facilitará aos seus clientes a obtención do bono dixital aproveitando ao máximo as solucións tecnolóxicas que ofrece o Grupo MASMOVIL con este programa e tamén vai prescribirlles outros produtos e servizos do Grupo
- O acordo -que contempla a completa tramitación do bono dixital para os clientes de ABANCA- permite actuar ao Grupo MASMOVIL como representante voluntario, levando a cabo todas as xestións necesarias até a obtención da subvención sen custo para os seus clientes
- Grupo MASMOVIL ofrece o seu propio paquete do Kit Dixital como axente digitalizador e diferénciase por brindar un seguimento e asesoramento únicos a cada solicitante
- O acordo supón a axuda para a xestión do Kit Dixital en calquera das convocatorias do programa. Proximamente abrirase a convocatoria dirixida a empresas de 3 a 9 empregados/as cun bono de axudas de até 6.000 euros

De esquerda a dereita, o director xeral de Medios de Pago e Consumo de ABANCA, Jorge Martínez, e o director de Empresas do Grupo MASMOVIL, Isidro Fernández de la Calle.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

De esquerda a dereita, o director xeral de Medios de Pago e Consumo de ABANCA, Jorge Martínez, e o director de Empresas do Grupo MASMOVIL, Isidro Fernández de la Calle.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
O director xeral de Medios de Pago e Consumo de ABANCA, Jorge Martínez, e o director de Empresas do Grupo MASMOVIL, Isidro Fernández de la Calle, asinaron esta mañá un acordo para axudar aos clientes de ABANCA a aproveitar a oportunidade única que se brinda ás empresas beneficiarias do programa Kit dixital. Desta maneira, a entidade bancaria apoiaralles na súa dixitalización para aproveitar ao máximo o bono dixital implantando as mellores solucións tecnolóxicas de maneira gratuíta.
A alianza alcanzada entre a entidade bancaria e o grupo de telecomunicacións vai máis aló, xa que ABANCA tamén vai poder ofrecer aos seus clientes outras solucións tecnolóxicas, produtos ou servizos do Grupo MASMOVIL que poidan resultar do seu interese, personalizándoas en función do seu perfil e necesidades.
En canto ao programa de axudas para a dixitalización, con este acordo Grupo MASMOVIL ofrece aos/as clientes/as de ABANCA o seu propio paquete do Kit Dixital, proporcionándolles un plus de innovación e fomentando a dixitalización de pequenas e medianas empresas.
Todas as empresas coas que Grupo MASMOVIL presta servizos de Kit Dixital son axentes dixitalizadores e encárganse de asesorar e implantar as solucións dixitais e de dar servizo aos clientes de ABANCA que decidan levar a cabo a xestión do bono mediante este servizo.
A través del e co apoio de Grupo MASMOVIL, ABANCA axudará aos seus clientes a xerar máis negocio e ingresos a través de internet, converténdose en empresas máis competitivas. Ademais, proporcionará importantes aforros de custos grazas á dixitalización, impulsará o teletraballo e ofrecerá ferramentas para garantir a seguridade dos datos e dispositivos.
O acordo supón a axuda para a xestión do Kit Dixital en calquera das convocatorias do programa. Proximamente abrirase a dirixida a empresas de 3 a 9 empregados cun bono de axudas de até 6.000 euros, pero tamén aplica á axuda de 12.000 euros para empresas de 10 a 49 empregados e á de 2.000 euros correspondente ás que só teñen 1 ó 2. Para poder beneficiarse do programa Kit dixital é clave que os/as clientes/as de ABANCA realicen canto antes a solicitude, pois as axudas outórganse segundo a orde de chegada. Unha vez realizados todos os trámites espérase que o bono dixital sexa entregado aos 15 días de presentar a solicitude.
Un acordo para impulsar a dixitalización dos/das clientes/as de ABANCA sen custo adicional
ABANCA é a entidade financeira líder no noroeste español e conta cunha cota de mercado elevada nos clientes obxectivo destas axudas. Ademais, a transformación dixital é unha das prioridades estratéxicas do banco. Por esta razón, cobra hoxe especial sentido o acordo alcanzado polas dúas firmas, que contan con perfís dixitais moi similares.
O director xeral de Medios de Pago e Consumo de ABANCA, Jorge Martínez, afirmou que “este acordo é importante para ABANCA porque aspiramos a converternos en motor de desenvolvemento tecnolóxico, de innovación e de transformación dixital na contorna no que operamos”.
Pola súa banda, Isidro Fernández de la Calle, asegurou que “no Grupo MASMOVILSerás redirixido a outro sitio web buscamos ser axente digitalizador de referencia e manter vivo o noso compromiso de minorar a brecha dixital en España. O bono dixital sen dúbida ofrece unha oportunidade boísima a pequenas e medianas empresas para que completen ou aborden o seu necesario proceso de dixitalización”.
Este acordo constitúe un paso máis para Grupo MASMOVIL no seu compromiso por impulsar ao máximo a dixitalización por todas as zonas nas que ten presenza e, por iso, ofrece o seu paquete do Kit Dixital a través das súas principais marcas que ofrecen solucións para negocios e empresas: Yoigo, MASMOVIL, Euskaltel, R, Telecable e Virgin Telco.
O Programa Kit dixitalSerás redirixido a outro sitio web é froito dunha iniciativa aprobada polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital do Goberno de España e conta con 3.000 millóns de euros de orzamento procedentes de fondos europeos Next Generation EU. O proxecto ten como fin dixitalizar un millón de pequenas empresas, microempresas e traballadores/as autónomos/as para conseguir un avance significativo no seu nivel de madurez dixital.
Sobre ABANCA
ABANCA é a entidade financeira líder no noroeste de España. Conta con 682 oficinas en 11 países de Europa e América, 6.080 empregados e un volume de negocio de máis de 107.000 millóns de euros. A súa proposta diferencial combina a atención persoal coa operatoria a través de canles dixitais e a distancia. ABANCA basea a súa actividade no coñecemento das necesidades do cliente e nun catálogo de produtos e servizos sinxelos, innovadores e transparentes. A especialización, a internacionalización e a sostibilidade son outros elementos da identidade dunha entidade financeira situada entre as máis solventes do sector en España. Máis información: www.abanca.com.
Sobre MASMOVIL
Grupo MASMOVIL é o operador que lidera o crecemento en España durante os últimos anos e que ofrece servizos de telefonía fixa, móbil, Internet banda ancha, Agile TV e outros novos servizos como enerxía, saúde, alarmas, ou servizos financeiros, para clientes residenciais, empresas e operadores, a través das súas principais marcas: Yoigo, Pepephone, MASMOVIL, Lebara, Lycamobile, Llamaya e Virgin telco, e das marcas rexionais Euskaltel, R, Telecable, e Guuk.
En Portugal, MASMOVIL conta coa marca Nowo, que ofrece servizos de telecomunicacións fixos e móbiles a clientes residenciais.
O Grupo non é un operador tradicional de infraestruturas pesadas, non obstante ofrece aos seus clientes acceso á maior cobertura de FTTH en máis de 27,2 millóns de fogares e a redes móbiles 3G, 4G e 5G ao 98,5% da poboación española grazas á súa estratexia híbrida de combinar infraestrutura propia e allea.
Ademais, MASMOVIL lanzou os seus servizos 5G que se atopan xa dispoñibles en preto de 900 municipios da xeografía española. O Grupo conta con 14,7 millóns de clientes a peche do primeiro trimestre de 2022, incluíndo Euskaltel.
Grupo MASMOVIL foi galardoado en diferentes ocasións como o mellor operador de banda ancha e de fibra óptica. Ademais, é o operador coa rede de fibra máis rápida de España segundo un estudoVer ficheiro PDF da empresa nPerf e o que ofrece os mellores servizos de fixo.
MASMOVIL alcanzou as cero emisións netas de carbono en 2020 e tamén en 2021 -incluíndo no cálculo ao Grupo Euskaltel-, situándose como o primeiro operador de telecomunicacións en Europa en alcanzar tal logro e o de menor nivel absoluto residual de emisións. Ademais, é a primeira empresa de telecomunicacións en Europa en converterse en empresa B Corp.
MASMOVIL está participada por Cinven, KKR e Providence Equity Partners desde novembro de 2020 co obxectivo de acelerar a estratexia de investimento do Grupo.