• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e IESIDE estreitan vínculos cos empresarios galegos de Uruguai

  • A entidade financeira rubrica con AEGU un texto de colaboración que permite dar resposta ao colectivo cun catálogo a medida de produtos e servizos
  • O centro de educación superior especializado na empresa de referencia en Galicia e AEGU selan un acordo de colaboración académica e profesional

No centro, o director de Non Residentes de ABANCA, Alberto Cacharrón, xunto aos representantes de AEGU.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

28-11-2019
Negocio

ABANCA e IESIDE apoian os proxectos dos empresarios galegos na diáspora con senllos convenios de colaboración firmados coa Asociación de Empresarios Galegos do Uruguai (AEGU). Estes novos textos de traballo conxunto buscan dar continuidade ás dúas ideas empresariais, reforzar a competitividade destas ou impulsar o xurdimento de novas.

Os textos foron rubricados polos representantes de AEGU, María Sandra Canedo e Diego Antelo, así como polo director de Non Residentes de ABANCA, Alberto Cacharrón, nun acto que tivo lugar na sede da asociación en Montevideo (Uruguai). A entidade financeira fortalece desta maneira o nexo que une aos empresarios de Galicia e do país suramericano, á vez que se compromete coa viabilidade e o crecemento destes proxectos.

Grazas a este convenio, o banco pon a disposición das empresas asociadas un plan de financiamento que responde de maneira integral ás necesidades do colectivo. O novo documento inclúe produtos especificamente deseñados para afrontar investimentos que permitan reforzar a competitividade dos seus proxectos.

A oferta financeira de ABANCA inclúe tamén solucións para as necesidades máis inmediatas e relacionadas co día a día da súa actividade comercial. Neste epígrafe, os empresarios contan cunha póliza de crédito con atractivas condicións de contratación. Adicionalmente, dispoñen das tarxetas de crédito Visa BusinessSerás redirixido a outro sitio web e Visa TúSerás redirixido a outro sitio web, con amplas posibilidades á hora de personalizar o pagamento das compras realizadas.

Os asociados de AEGU tamén poden acceder xa a produtos de aforro creados para adaptarse ao seu perfil. O catálogo inclúe desde fondos de investimento ata un depósito combinado con fondos de investimento, pasando pola tarifa plana de valores.

Do mesmo xeito, os empresarios poden optar ás vantaxes do Programa Cero Comisións de ABANCASerás redirixido a outro sitio web, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.

O acordo de colaboración acadado entre IESIDE e AEGU establece un marco de actuación conxunto para o desenvolvemento de iniciativas vinculadas tanto co ámbito académico implementado en IESIDE, como na contorna empresarial de AEGU. Neste sentido, o centro de educación superior especializado na empresa de referencia de Galicia oferta aos integrantes de AEGU a posibilidade de acceder aos seus programas formativos de primeiro nivel nunhas condicións especiais. Así, desde o reputado Grado en ADE, o único oficial privado con dobre titulación internacional de Galicia, ata os mestrados profesionais, programas especializados, de dirección xeral e in-company, e as tres modalidades de MBA (full-time, part-time e executive) contarán con descontos vantaxosos a raíz deste acordo.

Precisamente, a oferta financeira de ABANCA inclúe dúas modalidades de préstamo persoal dentro da súa liña ABANCA EstudaSerás redirixido a outro sitio web que permiten fraccionar o pagamento dos programas de grao e mestrado de IESIDE, con condicións vantaxosas.

AEGU, pola súa parte, contribuirá a esta colaboración coa participación de profesionais de referencia no ámbito da empresa uruguaia para participar en encontros, ben presenciais, online ou blended, de interese para ambas as dúas entidades, así como na promoción de relacións académicas ou empresariais de impacto positivo para AEGU e IESIDE.

Este acordo circunscríbese no proxecto estratéxico de internacionalización de IESIDE que reforza, así mesmo, o seu fomento do desenvolvemento de tecnoloxías innovadoras para favorecer as sinerxías académicas e profesionais nun marco de relacións interculturais. O recente convenio con AEGU potencia, por tanto, a presenza de IESIDE como institución de educación superior no continente americano.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .