• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e Lanzadera presentan o seu programa Corporate para impulsar o emprendemento e a innovación no sector financeiro

  • Startups dos sectores fintech e insurtech poden inscribirse na web de Lanzadera desde hoxe ata o vindeiro 23 de marzo
  • O acordo completa a aposta pola innovación de ABANCA que en Galicia conta desde 2017 coa súa propia aceleradora, ABANCA Innova
  • Con este acordo, Lanzadera colabora xa con 10 corporacións nas súas estratexias de innovación aberta

De esquerda a dereita, a xerente de ABANCA Innova, Rosa Seoane; o director de Innovación de ABANCA, Eduardo Aldao; o director xeral de Lanzadera, Javier Jiménez, e o responsable de Lanzadera Corporate, Ismael Valero.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

De esquerda a dereita, o director xeral de Lanzadera, Javier Jiménez; o director de Innovación de ABANCA, Eduardo Aldao; a xerente de ABANCA Innova, Rosa Seoane, e o responsable de Lanzadera Corporate, Ismael Valero.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

03-12-2019
Corporativo

ABANCASerás redirixido a outro sitio web e Lanzadera, a aceleradora de empresas impulsada por Juan Roig, presentaron hoxe en Vigo o programa ‘Corporate Lanzadera-ABANCA’, una iniciativa que busca impulsar startups con ideas innovadoras nos sectores fintech e insurtech.

O director de Innovación de ABANCA, Eduardo Aldao, a xerente de ABANCA Innova, Rosa Seoane, o director xeral de Lanzadera, Javier Jiménez, e o responsable de Lanzadera Corporate, Ismael Valero, foron os encargados de presentar este programa no que, a partir de hoxe, poden apuntarse todos aqueles emprendedores e empresas emerxentes que se atopen desenvolvendo propostas nos sectores financeiro e de seguros.

No sector fintech, o programa ten o obxectivo de atraer startups que estean a innovar nas áreas de medios de pago, Customer Engagement, solucións para empresas, xestión de patrimonios, ‘neobancos’ e mercado de capitais; mentres que en insurtech busca empresas centradas nas áreas de novos produtos, detección de fraude, análise de datos, automatización de procesos e experiencia de clientes.

“É un gran reto colaborar con Lanzadera para buscar ideas e emprendedores que queiran axudarnos a innovar e transformar o sector financeiro e de seguros. Este acordo reforza a nosa aposta pola innovación e permítenos seguir avanzando na nosa estratexia de transformación dixital”, sinalou Eduardo Aldao durante a súa intervención.

Pola súa banda, Javier Jiménez destacou: “estamos moi ilusionados con este acordo, o cal nos permite colaborar cunha gran entidade como ABANCA na procura de talento emprendedor en dous sectores clave e de gran desenvolvemento e proxección. Estou seguro de que atoparemos emprendedores que presenten propostas innovadoras”.

O programa ‘Corporate Lanzadera-ABANCA’ está concibido como complemento á estratexia de innovación da entidade financeira, que en Galicia conta desde 2017 coa súa propia aceleradora de startups, ABANCA InnovaSerás redirixido a outro sitio web.

ABANCA convértese así na primeira entidade financeira en pechar un acordo Corporate con Lanzadera, que xa está a levar a cabo outros con destacadas firmas de proxección internacional.

Corporate Lanzadera-ABANCA

A convocatoria para inscribirseSerás redirixido a outro sitio web no programa Corporate Lanzadera-ABANCA comeza hoxe e as candidaturas poderán apuntarse a través da web de Lanzadera até o 23 de marzo de 2020. A entrada de emprendedores no programa, que conta cunha duración de até 11 meses, será en maio de 2020.

En concreto, o programa ten o obxectivo de acelerar empresas con distintos graos de madurez: proxectos en construción en ‘fase papel’; startups con produto en desenvolvemento ou cos seus primeiros clientes; e ‘scale-ups’ co equipo formado, co seu produto testeado ou cunha carteira de clientes xa definida.

Lanzadera proporcionará ao emprendedor formación e asesoramento, acceso a relatorios e eventos, e dispoñibilidade total das súas instalacións. Os equipos seleccionados contarán así cunha zona de traballo e contacto continuo con outros emprendedores. Ademais, as empresas disporán dunha bolsa económica para desenvolver unha proba de concepto con ABANCA.

Igualmente, a entidade financeira asignará ao programa Corporate Lanzadera-ABANCA persoal especializado para o asesoramento e seguimento da evolución dos proxectos seleccionados. ABANCA, conxuntamente con Lanzadera, seleccionará aos participantes. O programa é ‘equity-free’, polo que as startups non terán que ceder ningunha porcentaxe da súa empresa.

ABANCA e a innovación

Desde 2017 a entidade financeira conta co seu propio centro de innovación en Galicia, ABANCA Innova. Desde a súa creación, consolidouse como centro de actividade multipolar destinado a fomentar o desenvolvemento da innovación e a tecnoloxía.

Ademais dun programa de aceleración para startups do sector financeiro e de seguros, ABANCA Innova acolle outras moitas actividades englobadas en dous grandes bloques: o Programa de Intraemprendemento interno, orientado ao desenvolvemento de proxectos ideados por empregados do banco, e o Observatorio de Tecnoloxías Emerxentes.

Nestes tres anos, ABANCA Innova organizou uns 180 eventos con máis de 2.000 asistentes nos que participaron 950 empresas, 400 delas emerxentes. Como incubadora, ABANCA apoiou 8 empresas e acelerado 9 startups, dúas delas, Senseitrade e Tokapp, tiveron un investimento directo do programa a través de ABANCA Invest.

Este ano, ademais, a entidade financeira impulsou a posta en marcha do programa de aceleración de startups de ABANCA Innova en Portugal. No país luso, a entidade financeira conta co apoio de Fintech Portugal para levar a cabo este proxecto.

Sobre Lanzadera / Marina de Empresas

A incubadora e aceleradora de startups Lanzadera forma parte, xunto con EDEM Escuela de Empresarios e a sociedade de investimento Angels, do polo de emprendemento Marina de Empresas. Trátase dunha iniciativa de Juan Roig, situada na Marina de València, que ten a misión de formar, asesorar e financiar aos emprendedores de hoxe e de futuro e que constitúe unha aposta pola creación de riqueza, o emprego e o fomento da cultura do emprendemento.

Lanzadera ofrece diferentes programas en función da tipoloxía e da madurez das empresas e os proxectos. Con este, conta xa con 10 acordos Corporate con outras grandes compañías de proxección internacional e de diversos sectores nos que se brinda aos emprendedores a posibilidade de resolver novos retos de innovación que estas expoñen. Para formar parte dos programas, os emprendedores poden enviar o seu proxecto a www.lanzadera.esSerás redirixido a outro sitio web.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA lanza unha emisión de débeda perpetua AT1 por 500 millóns de euros

08-09-2025
Corporativo Financiero

A operación executada hoxe refinanciará a emisión similar (AT1) de 375 millóns emitida en xaneiro de 2021, que incorporaba a posibilidade de amortización anticipada en xaneiro de 2026.

B100, novo patrocinador principal da Cursa dels Nassos de Barcelona

29-07-2025
Corporativo

B100. The Healthy Banking dará nome á Cursa dels Nassos que se disputará o 31 de decembro.

Cursa dels Nassos
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .