• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e MIOPTICO acordan opcións de crédito para os asociados

  • A cadea de ópticas e a entidade financeira traballan conxuntamente nunha oferta para facilitar o acceso ao crédito aos asociados
  • Os asociados beneficiaranse tamén de tarifas especiais nos seus TPV e deixarán de abonar as comisións máis habituais grazas ao programa Cero Comisións
15-01-2018
Negocio

ABANCA e MIOPTICO Group acaban de asinar un acordo de colaboración en materia financeira, co obxectivo posto en mellorar o acceso ao crédito dos profesionais que xa conten ou desexen pór en marcha establecementos asociados.

O director xeral de MIOPTICO Group, Florent Carrière, e o director territorial de ABANCA en España, Pedro Canales, rubricaron hoxe na sede do banco en Madrid un protocolo de colaboración conxunta, que establece condicións especiais na contratación de produtos e servizos da entidade.

O convenio recolle unha oferta específica de produtos deseñados para responder ás principais necesidades dos asociados. Para a xestión diaria, ABANCA pon a disposición deste colectivo unha ampla gama de pólizas de crédito, liñas de comercio exterior, avais ou liñas de desconto. ABANCA tamén ofrece alternativas de financiamento para acometer melloras nos negocios ou pór en marcha novas iniciativas. Para este caso, os asociados contan con produtos como préstamos persoais, leasing mobiliario ou anticipos.

Os asociados de MIOPTICO beneficiaranse desde este momento de tarifas personalizadas no alta e mantemento dos dispositivos TPV. Ademais, poderán contratar bonos de TPV grazas aos que poderán coñecer a súa tarifa mensual, independentemente da facturación.

Da mesma maneira, este colectivo poderá acceder ás vantaxes do programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e os seus cartóns, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou servizos habituais.

Por último, os asociados de MIOPTICO tamén terán á súa disposición a liña de seguros deseñada por ABANCA para os comercios, que permiten atender as súas principais necesidades. Este colectivo beneficiarase de prezos especiais nas primas. MIOPTICO conta cunha traxectoria de máis de 20 anos no sector. Na actualidade, agrupa a máis de 540 ópticas asociadas en España e Francia. ABANCA conta cunha ampla rede de oficinas e cunha oferta dirixida especialmente a atender as necesidades financeiras de autónomos, pemes e familias.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .