• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e Nueva Rula de Avilés colaboran para impulsar a mellora do sector pesqueiro e a sostibilidade

  • A entidade financeira e Nueva Rula de Avilés traballan conxuntamente para abordar os retos actuais aos que se enfronta o sector
  • O banco pon a disposición dos pescadores un catálogo de produtos e un equipo profesional especializado a través da súa unidade ABANCA Mar

O director de zona de ABANCA en Asturias, José María Jardón, e o director da oficina de ABANCA en Avilés, José Manuel Carballeira, xunto co xerente de Nueva Rula de Avilés, Ramón Álvarez.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

21-01-2022
Negocio

ABANCA e Nueva Rula de Avilés acaban de renovar un ano máis o seu convenio financeiro de colaboración co foco posto en responder ás necesidades dun sector fundamental e estratéxico para a economía do Principado.

O acordo foi asinado esta mañá en Avilés polo director de zona de ABANCA en Asturias, José María Jardón, e polo xerente de Nueva Rula de Avilés, Ramón Álvarez. A rúbrica deste convenio evidencia e reforza o compromiso que mantén a entidade financeira co sector pesqueiro e en xeral co tecido produtivo asturiano.

No documento detállanse unha serie de condicións específicas na contratación de produtos e servizos do banco que beneficiarán aos pescadores asociados de Nueva Rula. Así, recóllese un extenso catálogo de financiamento con liñas de crédito e solucións deseñadas pola unidade especializada ABANCA Mar para dar resposta ás principais problemáticas da actividade pesqueira, como pode ser a caída puntual de ingresos; promover o relevo xeracional e modernizar a frota de cara a consolidar un modelo máis sostible. A maiores, o acordo contempla o anticipo de subvencións do Fondo Europeo Marítimo Pesqueiro (FEMP) e Next Generation.

Produtos a medida

O convenio tamén recolle produtos creados a medida, como a hipoteca naval, que permite a construción ou renovación de embarcacións vinculadas á actividade pesqueira e outros produtos para a mellora da competitividade dos pescadores, como pólizas de crédito, préstamos persoais ou hipotecarios, leasing mobiliario, avais, seguros especializados ou anticipos de inversións sostibles.

Grazas a este acordo, os membros de Nueva Rula de Avilés poderán gozar das vantaxes que lles ofrece o Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento de contas e tarxetas, transferencias, ingresos de cheques e outros servizos habituais.

Desde 2016, a entidade financeira conta con ABANCA Mar, unha unidade especializada no sector do mar e a pesca que ofrece un amplo catálogo de produtos e servizos ideados para responder ás demandas deste colectivo ofrecendo solucións personalizadas a problemáticas puntuais do sector.

Nueva Rula de Avilés é a entidade encargada da xestión da instalación portuaria de primeira venda de produtos pesqueiros e atópase no porto de Avilés. A súa lonxa conta actualmente cun dos sistemas de venda máis avanzados de Europa.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .