ABANCA e Nueva Rula de Avilés impulsan a sostibilidade e a mellora competitiva do sector
- A entidade financeira pon a disposición da sociedade un catálogo de produtos e un equipo de profesionais especializados no sector pesqueiro, grazas a súa unidade ABANCA Mar
- ABANCA tamén ofrece financiación exprés a Nueva Rula de Avilés para dar resposta ás principais necesidades do sector
ABANCA e Nueva Rula de Avilés renovan un ano máis a súa colaboración coa firma dun novo convenio. Con este texto, o banco dá resposta ás demandas do sector cunha oferta financeira vantaxosa e adaptada ás necesidades da entidade que xestiona a lonxa do porto avilesino.
Esta sinatura, que evidencia o compromiso de ABANCA coa pesca e co tecido produtivo do Principado, tivo lugar hoxe en Avilés coa presenza do xerente de Nueva Rula de Avilés, Ramón Álvarez Suárez, e o director territorial de ABANCA en Castela e León / Asturias, Marcos Lamas Seoane.
Este novo convenio permite aos asociados de Nueva Rula acceder a toda a oferta especializada de ABANCA Mar, como pólizas de crédito con xuros moi baixos, pensadas para facer fronte á falta puntual de ingresos do colectivo. O acordo inclúe tamén préstamos persoais sen xuros ou comisións para aprazar o pago de impostos e subvencións.
Ademais, os asociados poderán beneficiarse das fórmulas de crédito oficiais incluídas nos convenios que a entidade financiera mantén co ICO Empresas e Emprendedores. Tamén poderán dispoñer de diferentes liñas de desconto, leasing mobiliario, avais, confirming ou liñas de comercio exterior.
Pero unha das grandes novidades desta renovación é a creación dos préstamos brandos, a baixo xuro e sen comisións, que serven para adiantar as subvencións que podan conceder as distintas institucións para potenciar as inversións sostibles e as actuacións na cadea de valor do mar que contribúan a combatir o cambio climático. Estos novos créditos forman parte do compromiso de ABANCA Mar co sector marítimo-pesqueiro que, xunto á hipoteca naval que impulsa a renovación da flota, da prioridade este ano á concesión de crédito para acometer proxectos de mellora da sostibilidade pesqueira.
Simplificando a relación co banco
ABANCA tamén pon ao dispor de Nueva Rula de Avilés, o Programa Cero Comisións que permite deixar de pagar polo mantemento de contas e tarxetas, así como as transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais. Como non podería ser doutro xeito, os asociados tamén poderán gozar de todas as vantaxes que ofrece a Banca Electrónica, como a aplicación de Banca Móbil, o Bróker Online ou o servizo de ABANCA Pay, entre outros. Este novo convenio reafirma o compromiso da entidade financeira co sector pesqueiro en Asturias, un dos máis relevantes da economía produtiva do Principado. Por este motivo, ABANCA segue amosando o seu apoio ao tecido produtivo ligado ao mar e traballando nunha oferta que dea resposta ás súas necesidades, grazas á división especificamente encamiñada a atender e apoiar aos profesionais deste sector: ABANCA Mar.