ABANCA e Nueva Rula de Avilés renovan a súa colaboración co obxectivo posto no crédito
- As dúas entidades atopan fórmulas para reforzar a competitividade do sector pesqueiro na comunidade co inicio do ano
- O banco desprega os produtos e a atención máis especializados grazas á súa unidade ABANCA Mar
ABANCA e Nueva Rula de Avilés reeditan a colaboración que comezaron o pasado ano coa firma dun novo convenio. O banco habilita grazas a este texto unha oferta financeira vantaxosa e adaptada ás necesidades da entidade que xestiona a lonxa do porto avilesino e evidencia o compromiso de ABANCA coa pesca e co tecido produtivo do Principado.
A firma tivo lugar hoxe en Avilés e contou coa presenza do director de zona de ABANCA en Asturias, José María Jardón, e do xerente de Nueva Rula de Avilés, Ramón Álvarez.
O texto asinado permite aos clientes de Nueva Rula acceder a toda a oferta especializada de ABANCA para o sector pesqueiro. A entidade financeira habilita produtos para o día a día como pólizas de crédito con xuros moi baixos e pensada para facer fronte á falta puntual de ingresos do colectivo. O acordo inclúe igualmente outros produtos habituais como préstamos persoais sen xuros ou comisións para aprazar o pago de impostos ou subvencións, liñas de desconto, leasing mobiliario, avais, confirming ou liñas de comercio exterior.
Como novidade, os clientes poderán contratar a hipoteca naval, un produto especificamente pensado para o financiamento de buques ou outro tipo de embarcacións vinculadas á actividade económica do sector.
Para pechar o capítulo de financiamento, desde as oficinas de ABANCA tamén facilitarase a información relativa ás fórmulas de crédito oficiais incluídas nos convenios que a entidade financeira mantén con ICO ou as sociedades de garantía recíproca.
ABANCA pon a disposición do colectivo as vantaxes do Programa Cero Comisións, que permite deixar de pagar polo mantemento de contas e tarxetas, polas transferencias, polo ingreso de cheques ou por outros servizos habituais.
Coa sinatura deste convenio, ABANCA dá un novo impulso ao sector pesqueiro en Asturias e ao seu compromiso co mundo do mar. A entidade financeira reforzou esta visión xa no ano 2016 cando creou ABANCA Mar, unha división específica con produtos financeiros centrados na cadea de valor de todo o sector.