ABANCA e o Ayuntamiento de León organizan unha xornada sobre fiscalidade e asesoramento financeiro a deportistas
- El banco e o concello convocan a profesionais do deporte a un evento especializado no que participarán expertos do sector xurídico e financeiro
- Os organizadores reciben peticións para organizar novas xornadas dedicadas especificamente a clubs deportivos
ABANCA e o Ayuntamiento de León presentaron esta mañá o programa da xornada “Fiscalidade e planificación financeira para deportistas” que as dúas entidades organizarán o vindeiro 9 de xuño ás 18 horas no Auditorio da Oficina Principal de ABANCA en León (Pl. Cortes Leonesas, 3). Trátase da primeira edición deste foro especializado dirixido a profesionais do mundo deportivo, que abordará as dúbidas xurídicas e financeiras máis habituais deste colectivo. Na presentación desta mañá participou o director territorial de ABANCA en León e Asturias, Marcos Lamas, e o concelleiro de Infraestructuras e Deportes do Ayuntamiento de León, José María López Benito.
A xornada, que parte dun dobre enfoque, pretende dar unha resposta integral aos deportistas. Unha visión eminentemente práctica que contará coa intervención de Francisco Balirac Soto, asociado sénior da práctica de Dereito Fiscal en Garrigues. O seu relatorio tratará as principais dúbidas que xorden durante a carreira deportiva e tralo retiro, como son a cualificación das rendas, a xestión da explotación dos dereitos de imaxe a través de sociedades ou os incentivos fiscais e o mecenado do deporte, entre outros.
Para abordar as cuestiones relativas á planificación financeira para deportistas, a xornada contará con Miguel Ángel Fernández Rodríguez, xestor de negocio de Banca Personal de ABANCA en León. O seu relatorio centrarase nos aspectos máis relevantes da planificación dun deportista, así como nos produtos máis pertinentes para cada etapa da súa vida deportiva. Ademais, indagará nas alternativas de reciclaxe profesional existentes grazas ao coaching.
Durante o acto de presentación desta xornada desvelouse que nos próximos meses se organizarán novos eventos especializados de asesoramento. A entidade financeira recibiu peticións de clubs deportivos para abordar dun modo integral as súas dúbidas fiscais e financeiras.
A organización destas xornadas fiscais e financeiras consolida a estreita relación de ABANCA con León e co deporte. Non en van, a entidade financeira é patrocinador do principal club da cidade, o ABANCA Ademar, e encabezou diversas campañas para incrementar os seus abonados. Ademais, o pasado mes de decembro apoiou a celebración da Copa ASOBAL en León e regalou entradas aos seareiros ademaristas.
ABANCA tamén ofreceu respostas personalizadas a outros colectivos relevantes na economía produtiva provincial, como os cultivos de regadío. O pasado mes convocou a unha mesa redonda aos principais sindicatos agrarios e ás comunidades de regadores para afrontar a grave crise que padecen polo exceso de choivas. Ademais, puxo á súa disposición unha liña de crédito extraordinaria de 50 millóns de euros. ABANCA conta cunha rede composta por medio centenar de oficinas na provincia e máis de cen xestores especializados.