ABANCA e o Círculo Empresarial Leonés reforzan o seu vínculo para impulsar o desenvolvemento económico da provincia
- O banco e a asociación incentivan a competitividade do tecido produtivo leonés e o xurdimento de novas empresas grazas a un novo convenio
- Os empresarios asociados contarán con produtos financeiros personalizados e en condicións preferentes
ABANCA e o Círculo Empresarial Leonés (CEL) acaban de reforzar vínculos grazas a un novo convenio de colaboración que persegue promover a creación de proxectos empresariais, mellorar a competitividade e impulsar o desenvolvemento social e económico da provincia de León.
O presidente do CEL, Julio César Álvarez, e o director territorial de ABANCA en León e Asturias, Marcos Lamas, subscribiron este acordo que facilita aos empresarios e autónomos asociados o acceso a condicións melloradas na contratación de produtos e servizos financeiros adaptados as súas necesidades. Os asinantes estiveron tamén acompañados polo coordinador de Negocio Institucional de ABANCA en León e Asturias, José Antonio Maira, e o xerente do CEL, Jorge Vargas.
O protocolo contribúe ao desenvolvemento da actividade dos empresarios leoneses con diversas opcións crediticias en condicións preferentes. Así, os asociados ao CEL poderán beneficiarse de préstamos para anticipar subvencións ou aprazar o pago de impostos, sen intereses ou comisións. O texto recolle igualmente outras opcións de financiamento a través de pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario e inmobiliario, avais ou liñas de desconto comercial.
Marcos Lamas apuntou como dato destacado do compromiso da entidade co tecido produtivo os 230 millóns de euros que concederon no último ano ao empresariado leonés, principalmente nos sectores servizos, primario e industrial.
Pola súa banda, Julio Álvarez agradeceu a ABANCA a súa aposta decidida desde hai anos polos empresarios do CEL e as súas necesidades de financiamento, así como a plena integración do banco na asociación, colaborando activamente nas súas actividades como a próxima Reunión Integrupal de Networking que se celebrará o 20 de xuño na Finca La Realeza.
Desde ABANCA, destacan tamén un amplo abanico de posibilidades de financiamento oficial ás que poden acceder os empresarios leoneses grazas aos convenios que o banco mantén con diversos organismos públicos. A entidade financeira está adherida á liña ‘Empresas e Emprendedores’ do ICO, mediante a cal as empresas poderán dispoñer de recursos financeiros para acometer os seus proxectos de investimento e cubrir as súas necesidades de liquidez no ámbito doméstico. Tamén poderán gozar das vantaxes dos acordos de ABANCA coas SGR nacionais.
Un incentivo á competitividade
Os profesionais pertencentes a esta asociación poderán igualmente beneficiarse de tarifas reducidas na contratación de TPV e do servizo de financiamento en punto de venda de ABANCA, chamado APRAZOS, que permite simplificar e axilizar o financiamento instantáneo de produtos e servizos. Ademais, poderán acceder ás vantaxes que ofrece o Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.
Así mesmo, co fin de mellorar a competitividade das empresas, o convenio inclúe incentivos para facilitar a apertura dos negocios á venda por Internet, con descontos do 20% na creación dunha tenda online, grazas a un acordo entre ABANCA e a empresa Palbin.
Compromiso con León
Este acordo evidencia o forte compromiso de ABANCA coas necesidades de financiamento das empresas e, concretamente, co tecido produtivo leonés. No últimos catro anos, a entidade priorizou a concesión de crédito na provincia, con acordos con numerosas empresas e organizacións. Non en balde, León conforma, xunto con Galicia e Asturias, a área principal de negocio de ABANCA, que aspira a converterse na entidade de referencia no norte peninsular.