• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e o Colegio de Procuradores de León acordan unha oferta conxunta de financiamento para colexiados

  • O banco e o colexio sectorial rubrican un convenio de colaboración para facilitar a reactivación da actividade mercantil
  • Os colexiados leoneses gozarán de mellores condicións na contratación de produtos da entidade financeira e poderán acceder aos servizos de ABANCA Persoal, que permite contar con atención especializada e personalizada

O director territorial de ABANCA en León e Asturias, Marcos Lamas Seoane, e a decana do Colexio, María Encina Martínez Rodríguez, durante o acto de firma do convenio.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

24-07-2019
Negocio

ABANCA e o Ilustre Colegio de Procuradores de León acaban de asinar un acordo de colaboración en materia financeira, co obxectivo principal de mellorar o acceso ao crédito dos profesionais colexiados e os seus familiares.

A decana do Colexio, María Encina Martínez Rodríguez, e o director territorial de ABANCA en León e Asturias, Marcos Lamas Seoane, rubricaron hoxe un protocolo de colaboración conxunta que establece condicións especiais na contratación de produtos e servizos da entidade financeira.

O convenio facilita que os colexiados accedan a condicións melloradas na contratación de produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario e inmobiliario ou avais, co fin de contribuír na dinamización da actividade mercantil. O protocolo estipula ademais que os profesionais pertencentes a esta organización colexial poderán beneficiarse das diferentes liñas de financiamento oficial que ABANCA ten subscritas con diversos organismos públicos.

ABANCA tamén aposta pola formación e o desenvolvemento profesional deste colectivo mediante préstamos para a realización de programas de formación en universidades e centros formativos públicos e privados, tanto para colexiados, como para os seus descendentes.

Doutra banda, o documento permite que os profesionais adheridos a este colexio se beneficien de tarifas personalizadas no alta e mantemento dos dispositivos TPV. Ademais, poderán beneficiarse de condicións financeiras vantaxosas para atender necesidades persoais ou das súas familias, a través de produtos como o Préstamo 24 horas, a Tarifa Plana de Seguros ou fondos de investimento, entre outros.

Asesoramento personalizado

A entidade ofrecerá o seu servizo ABANCA Persoal, pensado para dar cobertura ás necesidades persoais e familiares dos colexiados grazas a unha unidade especializada dirixida para prestar un servizo de asesoramento e xestión integral. Ademais, accederán a un catálogo de produtos propio adaptado ás súas peticións de rendibilidade e risco. Tamén contarán con xestores especializados en materia de seguros ou banca electrónica.

Do mesmo xeito, os colexiados e as súas familias poderán acceder ás vantaxes do Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e as súas tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .