ABANCA e o Colegio Oficial de Arquitectos de Asturias alíanse para impulsar o crédito
- A organización colexial e a entidade financeira traballan conxuntamente nunha oferta para mellorar a competitividade deste colectivo de profesionais
- Os colexiados accederán ao servizo ABANCA Persoal, que permite contar con atención continuada e persoal
ABANCA e o Colegio Oficial de Arquitectos de Asturias acaban de asinar un acordo de colaboración en materia financeira, co obxectivo posto en mellorar o acceso ao crédito dos profesionais colexiados e os seus familiares.
A decana do Colegio Oficial de Arquitectos de Asturias, Sonia Puente Landázuri, e o Director Territorial de Asturias e León de ABANCA, Marcos Lamas Seoane, rubricaron un protocolo de colaboración conxunta que establece condicións especiais na contratación de produtos e servizos da entidade. O banco reforza así o seu compromiso co tecido empresarial asturiano.
O convenio recolle unha ampla oferta de produtos deseñados para mellorar a competitividade deste colectivo de profesionais, entre os que destacan préstamos persoais e hipotecarios para negocio, pólizas de crédito, leasing mobiliario ou avais. O protocolo tamén estipula que os membros desta asociación poderanse beneficiar das fórmulas de financiamento oficiais incluídas nos convenios que ABANCA mantén con diversos organismos públicos.
Así mesmo, os colexiados poderán beneficiarse de condicións financeiras vantaxosas para atender necesidades persoais ou das súas familias, a través de produtos como a Tarifa Plana de Seguros ou os fondos de investimento, entre outros. ABANCA tamén poñerá a disposición do colexio o seu servizo banca a distancia.
Grazas a este acordo financeiro, os colexiados poderán acceder igualmente ás vantaxes do programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, e tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.
A entidade ofrecerá o servizo de ABANCA Persoal, pensado especificamente para dar cobertura ás necesidades persoais e familiares dos colexiados grazas a unha unidade especializada dirixida para prestar un servizo de asesoramento e xestión integral dos clientes. Mediante este servizo os asociados poderán dispoñer dun equipo de expertos e un asesor persoal coñecedor dos mercados financeiros, de produtos e da súa fiscalidade e con ampla experiencia na xestión de patrimonios. Ademais, accederán a un catálogo de produtos propio adaptado ás súas peticións de rendibilidade e risco.
O Colegio Oficial Arquitectos de Asturias fundouse en 1981 co obxectivo de apoiar e defender os intereses deste colectivo de profesionais na Comunidade Autónoma de Asturias e conta con case 900 colexiados. ABANCA, pola súa banda, é unha das entidades de referencia no panorama financeiro do noroeste español. Cun total de once oficinas no Principado, ofrece alternativas especificamente deseñadas para particulares, autónomos e empresas.