ABANCA e o Colexio de Médicos de Asturias acordan opcións de financiamento para colexiados
- A entidade financeira e a organización colexial asturiana inician unha colaboración que permite ofrecer alternativas a estes profesionais e as súas familias
- Os médicos que formen parte do Colexio poderán acceder aos servizos especializados e a medida de ABANCA Persoal
ABANCA e o Ilustre Colexio Oficial de Médicos de Asturias acaban de firmar un acordo de colaboración en materia financeira, co obxectivo posto en mellorar o acceso ao crédito dos profesionais colexiados, pero tamén das súas familias.
O director de zona de ABANCA en Asturias, José María Jardón, e o presidente do Colexio, Alejandro Braña, rubricaron en Oviedo un texto que senta as bases do seu traballo conxunto. As dúas entidades colaborarán desde este momento para ofrecer condicións especiais na contratación de produtos e servizos de ABANCA.
O convenio recolle unha ampla oferta de produtos deseñados para mellorar a competitividade deste colectivo de profesionais, entre os que destacan pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, avais ou liñas de desconto. O protocolo estipula que os profesionais pertencentes a esta organización colexial tamén poderán beneficiarse das fórmulas de financiamento oficial contempladas no ICO.
Por outro lado, o documento asinado pon a disposición dos profesionais médicos adheridos a este colexio a última tecnoloxía en medios de pago. Desta maneira, os colexiados beneficiaranse de tarifas personalizadas na alta e mantemento dos dispositivos TPV, tanto físicos como virtuais, e poderán contratar bonos axustados á súa facturación.
Ademais, os colexiados poderán beneficiarse de condicións financeiras vantaxosas para atender necesidades persoais ou das súas familias, a través de produtos como o Préstamo 24 horas, a Tarifa Plana de ABANCA Seguros ou fondos de investimento, entre outros.
A entidade ofrecerá o seu servizo ABANCA Persoal, pensado especificamente para dar cobertura ás necesidades persoais e familiares dos colexiados grazas a unha unidade especializada dirixida para prestar un servizo de asesoramento e xestión integral. Ademais, accederán a un catálogo de produtos propio adaptado ás súas peticións de rendibilidade e risco. Tamén contarán con xestores especializados en materia de seguros ou banca electrónica.
Do mesmo xeito, os colexiados e as súas familias poderán acceder ás vantaxes do programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das súas contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou servizos habituais.