ABANCA e o Colexio de Procuradores de León colaboran para facilitar o financiamento
- ABANCA e o Colexio de Procuradores de León colaboran para facer fronte á situación económica xerada pola COVID-19
- Os colexiados poderán beneficiarse dos servizos de ABANCA Persoal e ABANCA Seguros
- O banco activa as liñas de financiamento do ICO, SGR nacionais e SAECA para apoiar as necesidades dos asociados
ABANCA e o Ilustre Colexio de Procuradores de León veñen de asinar un convenio de colaboración para dobrar esforzos e impulsar o traballo en conxunto. Mediante a firma deste acordo, ambas entidades buscan dar resposta á situación creada pola COVID-19, que está xerando graves efectos na actividade económica.
O convenio foi asinado esta mañá en León pola presidenta do Ilustre Colexio de Procuradores de León, María Encina Martínez, e o director de zona de ABANCA en Castela e León, Marcos Álvarez.
No texto recóllense unha serie de condicións especiais na contratación de produtos e servizos da entidade e detállase unha ampla oferta de produtos deseñados para mellorar a competitividade dos procuradores asociados, entre os que resaltan pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario ou avais.
ABANCA tamén se compromete a apoiar as necesidades actuais dos profesionais do gremio, que se acentuaron nos últimos tempos pola crise sanitaria e económica xerada pola pandemia. Deste modo, o banco activa as liñas de financiamento oficiais do ICO, SGRS nacionais e SAECA.
Formación e desenvolvemento profesional
O banco mostra no acordo a súa aposta pola formación e o desenvolvemento profesional dos procuradores colexiados a través de préstamos para a realización de programas de formación de grao ou máster, en universidades e centros tanto públicos, como privados para os asociados e os seus descendentes.
Os profesionais da asociación poderán beneficiarse tamén de tarifas personalizadas na alta e mantemento de dispositivos TPV físicos e virtuais. Os asociados contarán con condicións financeiras vantaxosas para atender as necesidades persoais das súas familias con produtos como a Tarifa Plana de ABANCA Seguros ou os fondos de investimento.
A maiores, os procuradores e as súas familias poderán dar cobertura ás súas necesidades mediante a unidade especializada ABANCA Persoal, que ofrece un servizo de asesoramento e xestión integral. Tamén contarán con xestores especializados en seguros e banca electrónica.