• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e o Concello de Lugo ofrecen unha APP gratuíta para facilitarlle á veciñanza o pago de impostos locais

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

08-05-2017
Negocio

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o director territorial de ABANCA en Lugo, Walter Álvarez, o director de Banca Institucional e o director de Innovación desta entidade, Santiago Novoa e Eduardo Aldao, respectivamente, presentaron este luns unha nova aplicación móbil para facilitarlle á veciñanza o pago de impostos locais a través de smartphones ou tablets, sen custo adicional, nin para o Concello nin para os lucenses. Trátase pois, dunha aplicación informática que permitirá ás persoas contribuíntes o pago de recibos, para o que soamente será necesario ter descargada esta aplicación e dispor dun cartón de débito ou crédito.

No acto de presentación deste novo servizo, no que tamén estivo presente a concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, a rexedora destacou que esta APP é "un avance máis no pago telemático, para facelo máis fácil e accesible, e que se suma ás ferramentas de pago en liña que ofrece o Concello desde o 2009".

Ademais, subliñou a aposta do Concello pola aplicación da e-administración, por facilitarlle á veciñanza as xestións administrativas, e lembrou que Lugo é cidade beneficiaria do Lugo Smart City, cun orzamento de 4,1 millóns de euros para converter Lugo en cidade intelixente e sustentable. Así mesmo, incidiu na colaboración público-privada para desenvolver iniciativas en beneficio da veciñanza, como é esta aplicación.

24 horas ao día, 365 días ao ano

Pola súa banda, Walter Álvarez agradeceu a colaboración do Concello por contar con ABANCA para esta aplicación, que foi deseñada e desenvolvida por esta última entidade, e está dispoñible desde hoxe tanto para dispositivos Android como iOS co nome de Concello de Lugo. A aplicación descargarase no idioma no que estea configurado o dispositivo móbil.

Santiago Novoa destacou que "con esta aplicación, pomos a disposición de todos os veciños e veciñas de Lugo un servizo sinxelo e áxil, dispoñible as 24 horas do día e os 365 días do ano, que lles evita desprazamentos e incomodidades para atender o pago dos tributos locais".

Pola súa banda, Eduardo Aldao fixo fincapé no desenvolvemento desta aplicación, que "se enmarca dentro da estratexia dixital que estamos a impulsar no banco, coa que buscamos ofrecer aos nosos clientes o mellor servizo posible. Hai unha evolución clara hacia solucións vinculadas ás mobilidades e nós estamos a realizar un gran esforzo para estar á vangarda de todas estas tendencias en medios de pago".

Pago de recibos en dous pasos

A aplicación permite realizar o pago do recibo en dous cómodos pasos. Primeiro elíxese como se introducen os datos do recibo (facendo unha foto coa cámara do móbil ou tableta ao código de barras, introducindo os números do código de barras ou escribindo os datos do recibo) e, a continuación, hai que teclear os datos do cartón para efectuar o pago. Para axilizar a introdución de datos, tanto do cartón como do recibo, a ferramenta permite engadilos facéndolles unha foto coa cámara do dispositivo.

A aplicación conta, ademais, cun asistente que axuda ao usuario a formalizar o pago de recibos guiándoo en todo o proceso. O abono de recibos a través desta aplicación informática é gratuíto, sen ningún tipo de comisión.

Lugo é o segundo Concello que vai dispor desta aplicación, tras o da Coruña, e a cuarta institución, tras as Deputacións da Coruña e Ourense e a entidade local coruñesa.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA renova o seu compromiso coa Federación Galega de Redeiras Artesás ‘O Peirao’

09-09-2025
Negocio

ABANCA e a Federación Galega de Redeiras Artesás ‘Ou Peirao’ formalizaron un acordo de colaboración co obxectivo de fomentar o crecemento económico e apoiar a modernización da actividade profesional desenvolvida polas redeiras.

Acordo entre ABANCA e as redeiras

ABANCA activa os envíos de diñeiro internacionais a través de Bizum

31-07-2025
Negocio

Os clientes de ABANCA xa poden intercambiar pagos instantáneos a través de Bizum con usuarios de Portugal e Italia.

Operatoria internacional de Bizum
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .