• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e o Consello Regulador da D.O. Monterrei facilitan o acceso ao crédito antes do inicio da vendima

  • A entidade financeira e a Denominación de Orixe lanxan unha póliza de crédito que dá solución á necesidade máis urxente que agora ten o sector do viño: o cumprimento da Lei 12/2013
  • A entidade financeira reforza o seu compromiso co sector primario e estenderá a oferta ao resto de denominacións de orixe de Galicia e León
19-08-2015
Negocio

ABANCA e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei asinaron hoxe unha nova liña de cooperación co obxectivo de facilitar o crédito aos viticultores e as bodegas da comarca de Monterrei. Ámbalas dúas entidades inician unha colaboración que pon a disposición do sector vinícola un amplo catálogo de produtos especificamente deseñados para eles.

Na firma participaron o director de Banca Agro e Mar de ABANCA, Jesús Combarro Pereira, e a presidenta do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, Asunción Rodríguez Zarraquiños.

Satisfacer as principais demandas

O texto acordado senta as bases para tratar de atallar as principais preocupacións ás que teñen que facer fronte as bodegas e viticultores. Deste xeito, os profesionais que pertencen a esta D.O. poderán optar a unha póliza de crédito cun prazo de ata cinco anos que permite atender as exixencias da Lei 12/2013 en materia de cadea alimentaria. Esta regulación esixe pagos nun prazo máximo de 30 días e, con este produto as bodegas poden facer fronte ao pago da uva aos viticultores dunha maneira flexible.

A firma deste convenio tamén responde ás necesidades de financiamento que teñen algunhas bodegas para as súas exportacións. Estas operacións, que rexistraron importantes incrementos nas últimas campañas, contribúen a proxectar e consolidar a imaxe internacional da denominación.

Pequenos produtores

O convenio tamén pretende dar resposta aos pequenos produtores, que optan a un financiamento adaptado ás súas necesidades. Deste xeito, a entidade financeira ofrecerá alternativas en anticipos de subvencións sen comisións para que os viticultores obteñan crédito segundo as súas necesidades. O acordo tamén inclúe outros produtos como confirming, convenios oficiais do ICO ou Igape ou seguros, adaptados a cada cliente.

A posta en marcha destas iniciativas de maneira conxunta entre a D.O. Monterrei e ABANCA circunscríbese no decisivo apoio que a entidade financeira presta ao sector vitivinícola no inicio da campaña de vendima. Desta maneira, ofrécese a bodegas e viticultores un financiamento flexible e competitivo que responde ás súas necesidades de crédito.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA colabora coa Axencia Tributaria no pago de impostos con Bizum e tarxeta

03-04-2025
Negocio

É unha das catro entidades financeiras que desenvolveron para a AEAT os novos métodos de pago dixital, que se estrean coincidindo co inicio da campaña da renda 2024

Logotipo de ABANCA nunha das sedes corporativas do banco.

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

26-03-2025
Negocio

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

O director territorial de ABANCA cos representantes das áreas industriais
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .