ABANCA e o Consello Regulador de Rías Baixas alíanse para facilitar financiamento ao sector vinícola
- As dúas entidades perfilan conxuntamente un futuro catálogo de produtos que responda ás necesidades de bodegas e viticultores
- A entidade financeira reforza o seu compromiso co sector primario e estenderá a oferta ao resto de denominacións de orixe de Galicia e León
ABANCA e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas impulsan a súa colaboración e alíanse para facilitar o crédito ás bodegas da provincia de Pontevedra e A Coruña. Ambas entidades inician unha colaboración para crear un catálogo de produtos específico para o sector vinícola.
Na presentación participaron o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, Juan Gil de Araujo González de Careaga, e o director de Banca Agro e Mar de ABANCA, Jesús Combarro Pereira.
O texto acordado senta as bases para tratar de atallar as principais preocupacións ás que teñen que facer fronte as bodegas. Deste xeito, as empresas que formen parte desta denominación de orixe poden optar a unha póliza de crédito cun prazo de ata cinco anos que permite atender as exixencias da Lei 12/2013 en materia de cadea alimentaria. Esta regulación esixe pagos nun prazo máximo de 30 días e, con este produto as bodegas poden facer fronte ao pago da uva aos viticultores dunha maneira flexible.
A posta en marcha destas iniciativas por parte de ABANCA circunscríbense ao decisivo apoio que a entidade financeira presta ao sector vinícola no inicio da campaña. Desta maneira, ofrécese a bodegas un financiamento flexible e competitivo que responde ás necesidades de crédito.