• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e o Consorcio do Salnés promoven as compras no comercio local con premios aos clientes

  • A utilización de APRAZOS, o servizo de compras do banco, nos establecementos adheridos será incentivada cun sorteo de premios en metálico, tarxetas regalo, reloxos intelixentes ou televisores led
  • A promoción estenderase ás compras realizadas entre o 15 de marzo e o 15 de maio

Un momento da presentación da promoción, en Exposalnés (Cambados).

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

De esquerda a dereita, Víctor Vázquez Saavedra, Carmen Fernández Penas, Juan Rey e Alberto Varela, durante a presentación da promoción.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

24-03-2017
Negocio

ABANCA e o Consorcio do Comercio do Salnés presentaron hoxe unha promoción conxunta coa que ambas as entidades pretenden, mediante o sorteo de premios entre os clientes, dinamizar as vendas no pequeno comercio da zona.

No marco desta iniciativa, os clientes de ABANCA que utilicen APRAZOSSerás redirixido a outro sitio web, o servizo de compras do banco, en calquera dos establecementos adheridos ás asociacións do Consorcio do Comercio do Salnés participarán no sorteo de varios agasallos. Sortearanse cinco premios de 500 euros, cinco tarxetas regalo de 50 euros, cinco reloxos intelixentes da marca Samsung e dez televisores led de 32 polgadas. Entrarán na promoción as compras realizadas entre o 15 de marzo e o 15 de maio.

A acción foi presentada esta mañá en Cambados polo presidente do Consorcio do Comercio do Salnés, Juan Rey Rodríguez, e a directora territorial de ABANCA en Pontevedra, Carmen Fernández Penas. O acto contou tamén coa asistencia dos presidentes das distintas asociacións de comerciantes que integran o Consorcio e dos directores de zona de ABANCA en Arousa / Salnés e Pontevedra Ría, Víctor Manuel Vázquez Saavedra e Alberto Varela Reiriz, respectivamente.

Durante a presentación, Juan Rey Rodríguez destacou a importancia deste tipo de acordos que facilitan o acto de compra no comercio de proximidade e que xeran sinerxías beneficiosas para o pequeno comercio, un sector que conta cunha importante presenza na nosa contorna.

Pola súa banda, Carmen Fernández Penas explicou que esta promoción “é un exemplo máis do compromiso irrenunciable de ABANCASerás redirixido a outro sitio web co pequeno comercio”. A directora territorial de ABANCA en Pontevedra resaltou que “a través do servizo APRAZOS apoiamos ao comercio minorista dende unha dobre vertente: apoiamos ao comerciante achegándolle ferramentas coas que pode vender máis, ofrecendo financiamento equiparable aos sistemas que teñen as grandes superficies; e favorecemos o consumo dando crédito ao cliente final no lugar e no momento en que o precisa”.

Aprazamento das compras cómodo e inmediato

APRAZOS, o servizo de compras de ABANCA, permite aos clientes do banco financiar as súas compras no propio punto de venda, de forma cómoda, sinxela, rápida e inmediata, sen papelorios. O servizo ofrece dúas modalidades de aprazamento: coa tarxeta de crédito ABANCA, a través do Terminal Punto de Venda (TPV) do establecemento; ou aprazamento unicamente co DNI, a través dun portal web específico que a entidade financeira pon a disposición dos comercios.

Coa tarxeta de crédito, os clientes poden aprazar as súas compras ata en 36 meses sen xuros nin comisións. Pola súa banda, a opción de financiamento sen necesidade de dispoñer de tarxeta de crédito permite o aprazamento dos pagos ata en 60 meses.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA colabora coa Axencia Tributaria no pago de impostos con Bizum e tarxeta

03-04-2025
Negocio

É unha das catro entidades financeiras que desenvolveron para a AEAT os novos métodos de pago dixital, que se estrean coincidindo co inicio da campaña da renda 2024

Logotipo de ABANCA nunha das sedes corporativas do banco.

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

26-03-2025
Negocio

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

O director territorial de ABANCA cos representantes das áreas industriais
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .