• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e o grupo ASVA colaboran con novas fórmulas de crédito para transportistas

  • A entidade financeira confecciona unha oferta de financiamento a medida das necesidades deste colectivo dedicado ao movemento de terras e transporte de graneis e mercadorías
  • O banco ofrece respostas para facer fronte aos gastos correntes, simplifica a concesión de avais e permite fraccionar o pagamento dos seguros de camións mediados por ABANCA

O presidente de ASVA, Juan Carlos Martínez, e o director de zona de ABANCA en Asturias, José María Jardón, durante a sinatura.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

O presidente de ASVA, Juan Carlos Martínez, e o director de zona de ABANCA en Asturias, José María Jardón, durante a sinatura.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

29-10-2018
Negocio

ABANCASerás redirixido a outro sitio web e o grupo ASVASerás redirixido a outro sitio web estreitan a súa colaboración grazas a un convenio que facilita aos preto de 60 transportistas da cooperativa o acceso a produtos de financiamento. O texto rubricado esta mañá en Oviedo activa desde este momento novas fórmulas de crédito que se axustan ás necesidades do colectivo.

Na firma, que tivo lugar na sede da dirección de zona de ABANCA en Asturias, participaron o presidente de ASVA, Juan Carlos Martínez, e o director de zona de ABANCA en Asturias, José María Jardón. O novo convenio dá entrada ás peticións dos transportistas e pon o foco especialmente en fórmulas áxiles de financiamento.

Os cooperativistas de ASVA poden contratar unha póliza de crédito creada para responder ás tensións de tesouraría que se producen no desempeño da súa actividade económica. Cun xuro moi atractivo e un importe máximo axustado a cada transportista, este produto é idóneo para facer fronte aos gastos correntes que se producen antes de cobrar un traballo.

A oferta de financiamento complétase con liñas de avais, especialmente necesarios para optar a concursos convocados polas administracións como garantía para iniciar un servizo, e financiamento sen xuros para fraccionar as primas de seguros de camións mediados por ABANCA.

Os transportistas de ASVA tamén poderán eliminar grazas a este convenio as comisións máis habituais á hora de operar e tamén nos produtos contratados máis frecuentes como contas e tarxetas.

Por último, o acordo entre as dúas entidades serve para dotar a estes profesionais de toda a oferta de solucións a distancia de ABANCA. Trátase dunha ampla gama de alternativas tecnolóxicas, a través de aplicacións, que permiten realizar consultas, xestionar operacións, ordenar pagos instantáneos ou operar con divisas.

O grupo ASVA é unha cooperativa especializada no sector do transporte por estrada, nacida en 1984. Conta cuns 60 cooperativistas que operan fundamentalmente desde o mercado asturiano. ABANCA, pola súa parte, é a entidade financeira de referencia no noroeste español, cunha rede de case 700 oficinas e unha clara orientación cara ao tecido empresarial.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .