ABANCA e o Principado asinan un acordo para favorecer oacceso das empresas asturianas a novos mercados internacionais
ABANCA e o Principado suscribiron hoxe un convenio de colaboración que permitirá ofrecer financiación e asesoramento especializado ás empresas asturianas para apoiar o seu acceso a novos mercados internacionais.
O director de Banca Institucional de ABANCA, Santiago Novoa, e o conselleiro de Emprego, Industria e Turismo e presidente de Asturex, Isaac Pola, asinaron esta mañá o acordo, que pon a disposición do tecido empresarial rexional un amplo catálogo de produtos en condición favorables.
Esta iniciativa facilita á compañías o acceso a unha ampla oferta financeira con requisitos máis propicios cos do mercado. Entre os produtos más atractivos que poden contratar figuran préstamos para desenvolvemento da internacionalización, liñas de comercio exterior, pólizas de crédito para necesidades de circulante e anticipos de subvencións.
ABANCA tamén porá a disposición das firmas personal especializado en xestión de seguros, que se encargará de informar aos clientes sobre as pólizas que mellor se adapten as súas necesidades.
A sinatura deste convenio, á que tamén asistiu a directora xeral de Asturex, Teresa Vigón, reforza os lazos entre ambas institucións e o apoio ao empresariado asturiano nas súas estratexias de acceso a novos mercados.
Asturex é unha sociedade de apoio á internacionalización que facilita áss empresas do Principado unha maior presenza nos mercados internacionais. Pola súa parte, ABANCA é a entidade financeira de referencia no noroeste español, cunha rede de case 700 oficinas e una clara orientación cara o tecido empresarial.