ABANCA e os centros de formación de Asturias acordan unha oferta conxunta de crédito para clientes e asociados
- O banco e CECAP Asturias asinan un texto de colaboración para mellorar a competitividade destas iniciativas empresariais
- Os asociados gozarán de mellores condicións na contratación de produtos da entidade financeira galega
- Os estudantes destes centros terán maiores facilidades para financiar os pagamentos de maneira flexible e rápida
ABANCA e a Confederación Española de Empresas de Formación (CECAP) en Asturias veñen de renovar o seu convenio financeiro coa vista posta en facilitar a creación de novas iniciativas empresariais ou a mellora das actuais. Un obxectivo fixado polas dúas entidades grazas ás alternativas de crédito que acordaron conxuntamente.
O presidente de CECAP Asturias, Pablo García González, e o director de zona de ABANCA en Asturias, José María Jardón Cancio, rubricaron hoxe en Oviedo un acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira co tecido empresarial asturiano.
O convenio facilita que os empresarios dos centros de formación e ensino do Principado asociados accedan a unha ampla oferta financeira con condicións melloradas respecto ao mercado. Así, poderán contratar produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, anticipos, avais ou liñas de desconto comercial. De igual maneira, os empresarios poderán acceder ás liñas de financiamento oficial do ICO.
Do mesmo xeito, os empresarios adheridos poderán acceder ás vantaxes que ofrece o novo Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.
Ademais dos centros de estudos, os alumnos tamén terán vantaxes grazas a esta firma. Á súa disposición poderán atopar APRAZOS, a alternativa de financiamento flexible, rápido e no punto de venta de ABANCA.