• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e os gandeiros de ASEAVA activan opcións de crédito para facilitar o financiamento aos asociados

  • Os criadores desta demarcación asturiana optarán a produtos específicos lanzados polo banco para o sector agro-gandeiro
  • O traballo conxunto das dúas entidades permite ofrecer alternativas de crédito para realizar investimentos ou facer fronte aos gastos correntes

O presidente de ASEAVA, José Manuel González Álvarez, e o director territorial de ABANCA en Asturias e León, Marcos Lamas Seoane, durante a sinatura do convenio.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

26-06-2017
Negocio

ABANCA e a Asociación española de criadores de ganado vacuno selecto de la raza Asturiana de los Valles (ASEAVASerás redirixido a outro sitio web) veñen de asinar un novo convenio que reforza a súa colaboración e permite facilitar o acceso ao crédito aos membros desta asociación.

O presidente de ASEAVA, José Manuel González Álvarez, e o director territorial de ABANCA en Asturias e León, Marcos Lamas Seoane, rubricaron hoxe un acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira co sector primario.

O convenio permite aos asociados acceder a condicións melloradas na contratación de produtos como pólizas de crédito, préstamos, anticipos de subvenciós e impostos, leasing mobiliario, liñas de comercio exterior, confirming, avais ou liñas de desconto. Unha oferta que se inclúe na unidade ABANCA AgroSerás redirixido a outro sitio web, que agrupa un catálogo específico, xestores especializados e respostas adaptadas ás necesidades do sector.

Precisamente o acento deste texto asinado hoxe recae no financiamento para a posta en marcha de novos proxectos e a mellora competitiva dos actuais. Ofrécense produtos propios e convenios oficiais con organismos autonómicos e estatais. Outro punto relevante do convenio dá resposta ás necesidades de circulante das explotacións, grazas a unha póliza de crédito especialmente deseñada para atender tensións de tesourería.

Grazas a este texto, os socios de ASEAVA optarán ás vantaxes que ofrece o Programa Cero ComisiónsSerás redirixido a outro sitio web, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais. A entidade tamén porá a disposición de todos os asociados xestores especializados en financiamento ao sector agro-gandeiro e tamén en materia de seguros.

ASEAVA é unha organización sen ánimo de lucro que busca a promoción da raza Asturiana de los Valles e a defensa dos intereses dos gandeiros asociados. Pola súa parte, ABANCA conta con 13 oficinas no Principado, desde as que mantén unha oferta axeitada para este colectivo.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .