ABANCA e os gandeiros de ASEAVA activan opcións de crédito para facilitar o financiamento aos asociados
- Os criadores desta demarcación asturiana optarán a produtos específicos lanzados polo banco para o sector agro-gandeiro
- O traballo conxunto das dúas entidades permite ofrecer alternativas de crédito para realizar investimentos ou facer fronte aos gastos correntes
ABANCA e a Asociación española de criadores de ganado vacuno selecto de la raza Asturiana de los Valles (ASEAVA) veñen de asinar un novo convenio que reforza a súa colaboración e permite facilitar o acceso ao crédito aos membros desta asociación.
O presidente de ASEAVA, José Manuel González Álvarez, e o director territorial de ABANCA en Asturias e León, Marcos Lamas Seoane, rubricaron hoxe un acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira co sector primario.
O convenio permite aos asociados acceder a condicións melloradas na contratación de produtos como pólizas de crédito, préstamos, anticipos de subvenciós e impostos, leasing mobiliario, liñas de comercio exterior, confirming, avais ou liñas de desconto. Unha oferta que se inclúe na unidade ABANCA Agro, que agrupa un catálogo específico, xestores especializados e respostas adaptadas ás necesidades do sector.
Precisamente o acento deste texto asinado hoxe recae no financiamento para a posta en marcha de novos proxectos e a mellora competitiva dos actuais. Ofrécense produtos propios e convenios oficiais con organismos autonómicos e estatais. Outro punto relevante do convenio dá resposta ás necesidades de circulante das explotacións, grazas a unha póliza de crédito especialmente deseñada para atender tensións de tesourería.
Grazas a este texto, os socios de ASEAVA optarán ás vantaxes que ofrece o Programa Cero Comisións, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais. A entidade tamén porá a disposición de todos os asociados xestores especializados en financiamento ao sector agro-gandeiro e tamén en materia de seguros.
ASEAVA é unha organización sen ánimo de lucro que busca a promoción da raza Asturiana de los Valles e a defensa dos intereses dos gandeiros asociados. Pola súa parte, ABANCA conta con 13 oficinas no Principado, desde as que mantén unha oferta axeitada para este colectivo.