• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e os Hermanos Maristas buscan novas fórmulas para impulsar as actividades formativas e divulgativas

  • As dúas entidades referendan un acordo de colaboración iniciado o pasado ano e que ofrece vantaxes a 28 centros educativos de Asturias, Castela e León, Galicia e Portugal
  • O convenio asinado esta mañá en Valladolid inclúe tamén produtos e servizos específicos para as institucións académicas e os seus traballadores
27-09-2019
Negocio

ABANCA referenda o seu compromiso coa labor que desenvolven os Hermanos Maristas da provincia de Compostela. É por iso que as dúas entidades renovaron hoxe en Valladolid o convenio de colaboración que iniciaron o pasado ano e que permite dar un impulso ás actividades formativas e divulgativas do colectivo.

O director de zona de ABANCA en León Centro, Marcos Álvarez, e o administrador provincial dos Hermanos Maristas, Ángel Muñoz, asinaron na sede da entidade educativa o novo texto. Grazas a el, refórzase o labor educativo xa existente do colectivo e póñense en marcha novas iniciativas.

As dúas entidades estreitan o seu traballo conxunto aínda máis logo desta rúbrica. ABANCA apoiará activamente as actividades organizadas polos maristas no ámbito xeográfico da provincia de Compostela. En total, 24 centros que se emprazan en Asturias, Castela e León, Galicia e Portugal e que destacan pola súa traxectoria docente e o seu consolidado proxecto educativo.

Produtos e servizos a medida dos traballadores

A renovación do convenio de colaboración tamén serve para prorrogar os beneficios para os empregados dos centros educativos pertencentes aos Hermanos Maristas da provincia de CompostelaSerás redirixido a outro sitio web. Trátase dun completo catálogo de produtos e servizos financeiros que se adaptan ás súas necesidades.

No apartado de crédito, a oferta inclúe condicións vantaxosas para a contratación de préstamos hipotecarios e persoais. Como novidade, ofrece préstamos destinados ao financiamento de estudos de grao ou posgrado. Por último, pon a disposición do colectivo a gama de tarxetas de ABANCA, entre as que destaca a Visa Tú, unha tarxeta de crédito que se adapta ás necesidades de cada cliente.

No epígrafe de aforro, a entidade financeira habilita produtos a medida das súas demandas como fondos, depósitos combinados ou plans de pensións. Todo iso sen esquecer as vantaxes do servizo de ABANCA Persoal, onde o banco pon en valor a súa experiencia na xestión de patrimonios.

De maneira xenérica, os empregados tamén accederán ao Programa Cero Comisións da entidade financeira, polo que se eliminan os pagos máis habituais e a Tarifa Plana de ABANCA Seguros, que fracciona sen intereses os pagos de seguros e bonifica ata un 7% do importe. Á súa disposición atoparán o catálogo de servizos móbiles de ABANCA que inclúe a súa banca móbil, considerada polos propios usuarios como unha das mellor valoradas do sector. Por último, poderán acceder á tarifa plana de valores para operacións de compra/venda en mercados nacionais de renda variable.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .