ABANCA e os Hermanos Maristas buscan novas fórmulas para impulsar as actividades formativas e divulgativas
- As dúas entidades referendan un acordo de colaboración iniciado o pasado ano e que ofrece vantaxes a 28 centros educativos de Asturias, Castela e León, Galicia e Portugal
- O convenio asinado esta mañá en Valladolid inclúe tamén produtos e servizos específicos para as institucións académicas e os seus traballadores
ABANCA referenda o seu compromiso coa labor que desenvolven os Hermanos Maristas da provincia de Compostela. É por iso que as dúas entidades renovaron hoxe en Valladolid o convenio de colaboración que iniciaron o pasado ano e que permite dar un impulso ás actividades formativas e divulgativas do colectivo.
O director de zona de ABANCA en León Centro, Marcos Álvarez, e o administrador provincial dos Hermanos Maristas, Ángel Muñoz, asinaron na sede da entidade educativa o novo texto. Grazas a el, refórzase o labor educativo xa existente do colectivo e póñense en marcha novas iniciativas.
As dúas entidades estreitan o seu traballo conxunto aínda máis logo desta rúbrica. ABANCA apoiará activamente as actividades organizadas polos maristas no ámbito xeográfico da provincia de Compostela. En total, 24 centros que se emprazan en Asturias, Castela e León, Galicia e Portugal e que destacan pola súa traxectoria docente e o seu consolidado proxecto educativo.
Produtos e servizos a medida dos traballadores
A renovación do convenio de colaboración tamén serve para prorrogar os beneficios para os empregados dos centros educativos pertencentes aos Hermanos Maristas da provincia de Compostela. Trátase dun completo catálogo de produtos e servizos financeiros que se adaptan ás súas necesidades.
No apartado de crédito, a oferta inclúe condicións vantaxosas para a contratación de préstamos hipotecarios e persoais. Como novidade, ofrece préstamos destinados ao financiamento de estudos de grao ou posgrado. Por último, pon a disposición do colectivo a gama de tarxetas de ABANCA, entre as que destaca a Visa Tú, unha tarxeta de crédito que se adapta ás necesidades de cada cliente.
No epígrafe de aforro, a entidade financeira habilita produtos a medida das súas demandas como fondos, depósitos combinados ou plans de pensións. Todo iso sen esquecer as vantaxes do servizo de ABANCA Persoal, onde o banco pon en valor a súa experiencia na xestión de patrimonios.
De maneira xenérica, os empregados tamén accederán ao Programa Cero Comisións da entidade financeira, polo que se eliminan os pagos máis habituais e a Tarifa Plana de ABANCA Seguros, que fracciona sen intereses os pagos de seguros e bonifica ata un 7% do importe. Á súa disposición atoparán o catálogo de servizos móbiles de ABANCA que inclúe a súa banca móbil, considerada polos propios usuarios como unha das mellor valoradas do sector. Por último, poderán acceder á tarifa plana de valores para operacións de compra/venda en mercados nacionais de renda variable.