ABANCA é recoñecida nos Echo Awards pola súa campaña “Superpoderes para todos”
- A entidade financeira alzouse no prestixioso festival publicitario celebrado en Nova York cun Echo de bronce e dúas menciones especiais
- A acción publicitaria posta en marcha polo banco a principios de ano contribúe a incrementar o uso dos servizos dixitais entre os clientes
- Os Premios Eficacia da Asociación Española de Anunciantes tamén outorgan ao banco o galardón á mellor campaña rexional/local
A campaña “Superpoderes para todos” de ABANCA foi recoñecida na 88ª edición dos Echo Awards celebrados en Nova York (Estados Unidos). A acción publicitaria, creada por Shackleton para a entidade financeira, obtivo un Echo de bronce na categoría “Best use of direct mail”, así como dúas mencións especiais nos apartados “Financial products and services” e “Best Customer-Centric Campaign”.
Con estes galardóns recoñécese o camiño emprendido por ABANCA con “Superpoderes para todos”, unha campaña que pon en valor a plataforma de comunicación creada para presentar as múltiples solucións de innovación dixitais actuais e futuras que o banco ofrece aos seus clientes. Os Echo Awards tamén valoran positivamente o compromiso da entidade financeira cos desenvolvementos innovadores que dan resposta dun xeito sinxelo e directo ás necesidades dos usuarios.
Os Echo Awards, concedidos pola Data & Marketing Association (DMA), son un dos recoñecementos globais máis importantes do sector e que máis expertos da publicidade achegan. Creados en 1929 nos Estados Unidos, son un referente entre as axencias de publicidade e anunciantes á hora de escoller as mellores campañas de cada ano. O xurado desta edición estivo formado por 240 representantes da comunidade internacional de data e marketing, quen valorou as mellores propostas tras considerar entre miles de candidaturas de máis de 50 países aspectos como a estratexia, a creatividade ou a obtención de resultados.
Campaña galardoada en España
Pero “Superpoderes para todos” tamén obtivo o recoñecemento dos profesionais da publicidade en España. A XIX edición dos Premios Eficacia, outorgados pola Asociación Española de Anunciantes, distinguiu o traballo desempeñado por ABANCA e Shackleton co galardón á Mellor campaña rexional/local. Estes expertos do mundo da publicidade premiaron especialmente a capacidade da campaña para mellorar a eficiencia, así como a estratexia, a idea, a realización da campaña e a planificación de medios.
Os Premios Eficacia naceron en 1997 e recoñecen a contribución da comunicación aos obxectivos das empresas. Son os únicos galardóns en España que se centran nos resultados acadados grazas á acción de comunicación, xa sexa notoriedade, ventas ou outro tipo de rendibilidade que responda a un obxectivo marcado previamente.