• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e Rio Natura Monbus Obradoiro renovan o seu convenio

  • A entidade financeira e o club de baloncesto consolidan a súa colaboración e amplían o acordo por tres anos máis
  • Os seareiros do equipo compostelán que paguen as súas entradas con tarxetas de ABANCA beneficiaranse dun 5% de desconto

De esquerda a dereita, o ala-pívot de Rio Natura Monbus Obradoiro, Angelo Caloiaro; o director territorial de ABANCA en Santiago, Juan Carlos Carneiro; o conselleiro do club, Rafael Silva; e o adestrador do conxunto, Moncho Fernández.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

De esquerda a dereita, o ala-pívot de Rio Natura Monbus Obradoiro, Angelo Caloiaro; o adestrador do conxunto, Moncho Fernández; o director territorial de ABANCA en Santiago, Juan Carlos Carneiro; o conselleiro do equipo, Rafael Silva; e o director xeral do club, José Luis Mateo.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

13-11-2015
Corporativo

ABANCA e Rio Natura Monbus Obradoiro asinaron esta mañá a renovación do convenio de patrocinio que liga á entidade financeira co club de baloncesto galego. A rúbrica, que tivo lugar en instalacións de ABANCA na capital, contou coa presenza do director territorial de ABANCA en Santiago, Juan Carlos Carneiro, o director xeral do club, José Luis Mateo, e o conselleiro Rafael Silva. No acto tamén participaron o adestrador do conxunto, Moncho Fernández, e o ala-pívot Angelo Caloiaro.

Grazas a este texto, o banco con sede en Galicia segue colaborando co único equipo galego que milita na Liga Endesa. Esta alianza estratéxica, que se estenderá inicialmente por tres temporadas máis, permitirá a ABANCA manter o seu espazo na parte posterior da camiseta, así como unha área publicitaria destacada no Multiusos Fontes do Sar.

A presentación tamén serviu para anunciar que os clientes de ABANCA poderanse beneficiar dun desconto do 5% se pagan as súas entradas para ver o Rio Natura Monbus Obradoiro con tarxetas da entidade financeira.

Para o director territorial de ABANCA en Santiago, Juan Carlos Carneiro, “o acordo é unha aposta de presente e futuro, que conta cunha clara vocación de permanencia”. Carneiro tamén destacou “a abafadora traxectoria de compromiso de ABANCA co mundo do deporte en Galicia” e valorou positivamente “dende os acordos cos grandes equipos, como é este que presentamos, ata o apoio ao deporte base”.

Pola súa parte, Rafael Silva, conselleiro do club, fixo énfase en que a entidade, que agora segue ao lado do club, “tamén estivo nos momentos máis difíciles do club, como na concesión dun préstamo para aboar o canon de Ascensos e Descensos da ACB co único aval das empresas do Consello de Administración e non de institucións públicas”. Silva recordou que “para o club é un orgullo levar no seu equipamento o nome de entidades que queren traballar por Galicia, como é o caso de ABANCA, e que percorrerá este camiño co club e a masa social para facer crecer ese sentir común”.

Tamén tivo palabras positivas Moncho Fernández, técnico do club, que recordou “como obradoirista” a importancia de que “entidades da talla de ABANCA se impliquen nun proxecto que se vai estabilizando pouco a pouco na Liga Endesa”.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

COMUNICADO

12-05-2025
Corporativo

Ante as recentes informacións publicadas en diversos medios sobre unha posible operación corporativa con Banco Sabadell, ABANCA desexa insistir que non ten interese nesta operación. Somos unha entidade comprometida coa xeración de valor sostible para os nosos clientes, empregados e accionistas, e calquera decisión estratéxica que tomemos estará sempre aliñada con este obxectivo.

ABANCA seguirá dando nome ao FID Ciudad de León durante o próximos tres anos

07-03-2025
Corporativo

O banco e a organización renovan o acordo de colaboración que mantiñan e que reforza o apoio da entidade ao FID desde a súa primeira edición.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .